La opinión de

Manuel Suárez Suárez

manuel-suarez-suarez

Mil e pico de nomes galegos do Uruguai

O meu amigo Monterroso Devesa leva uns vinte anos sen pasar o inverno na Coruña, a súa cidade de nacemento, xa que prefire gozar do solleiro verán na capital da República Oriental do Uruguai. En Montevideo e perto do Parque Rodó e da praia Ramírez, ten un apartamento desde o que toma mate (sempre sen azucre) mirando ao do Río da Prata. As voltas da vida levaron a Xosé, collido da man de María Teresa Devesa Juega, ata un afastado lugar no norte uruguaio (Tacuarembó) onde naceran unha parte dos seus avós maternos. Alí cursou primaria e secundaria e logo en Montevideo fixo o bacharelato e comezou os estudos de Dereito que foron interrompidos polo seu retorno a Galicia. Aprobadas unhas oposicións ao ministerio da Facenda estivo traballando en Madrid, Cáceres, Xixón e A Coruña.

En Montevideo desde 1950: ‘Sempre en Galicia’

Quero insistir en que non debemos de esquecer aos emigrantes que loitaron activamente no mantemento da nosa identidade propia. En Montevideo temos un moi bo exemplo de compromiso coa defensa da cultura propia que se debe recoñecer con aplausos e distincións. Un programa radial, en galego, vai cumprir 75 anos de vida e non hai dúbida que o feito é histórico. O que corresponde é agradecer e parabenizar aos fundadores e continuadores da que hoxe é a máis longa e ininterrompida homenaxe a Castelao: ‘Sempre en Galicia’.

Imos a Montevideo para o cumpreanos de ‘Sempre en Galicia’

Neste ano 2025 temos que ser agradecidos cos emigrantes que en Montevideo –o 3 de setembro de 1950– fundan un programa de radio para lembrar a Castelao (falecido en xaneiro na capital arxentina) pois merecen as maiores distincións e recoñecementos. A emisión de ‘Sempre en Galicia’, nas mañás dos domingos, ten a singularidade de que se realiza enteiramente en galego. Quere dicir que milleiros de descendentes da nosa emigración aprenderon ou entenderon o significado da nosa cultura diferenciada por medio da radio e así foi como se achegaron a emotividade da terra de Rosalía de Castro.

‘Sempre en Galicia’ de Montevideo [1950-2025]

Neste ano 2025 o programa de radio Sempre en Galicia que se leva emitindo ininterrompidamente en Montevideo desde o 3 de setembro de 1950, cumpre pois 75 anos de meritoria sementeira de identidade cultural diferenciada. Foi na capital da miña benquerida República Oriental do Uruguai onde, despois do falecemento de Castelao en Bos Aires, os seus amigos e compañeiros de loita comezan a falar sobre a necesidade de non esquecer o seu legado ético na defensa dos valores identitarios da nación galega.

En la esquina montevideana

La barra del ‘Rover’ despide el año con alegría. Se acabó el sufrimiento de aguantar al corrupto Lacalle Pou que fue un buen repartidor de coimas entre sus socios de gobierno, pero un pésimo gestor de los fondos públicos para la mayoría de ciudadanos de la República Oriental del Uruguay. Se vienen cinco años de esfuerzo para que el Frente Amplio vuelva a poner las cosas en su sitio, es decir, que el crecimiento de la economía beneficie a los más desfavorecidos.

O camiño de Montevideo

A singradura do ‘Cabo de Hornos’ desde o porto da Coruña ata o porto de Montevideo foi de vinte días [do 7 ao 27 de novembro de 1958] nos que eu, un neno da aldea de cinco anos, ía moi contento xa...

Un inmenso creador chamado Carlos Gardel

Para todos aqueles cidadáns que non sexan nados nas terras riopratenses da Arxentina o do Uruguai é unha mesma cousa o tango e Carlos Gardel (Carlos Escayola Oliva) xa que establecen unha identificación total entre a figura do cantor e a súa expresión musical. O certo é que Gardel comezou interpretando cancións crioulas, coma todos os grandes cantores das primeiras xeracións (Villoldo, Gobbi, Contursi) e foi en 1917 cando a súa voz inaugura e impón moi exitosamente o tango-canción.

Unha ducia de galeguismos na linguaxe popular riopratense

Non é doada a tarefa de determinar o léxico completo de palabras galegas que participaron na formación da linguaxe riopratense, sexa na lingua popular ou no lunfardo. O certo é que os nosos emigrantes deixaron a súa pegada pero nunca se fixo unha investigación filolóxica para identificar, sen dúbidas, todas as nosas palabras. Hai pequenas achegas feitas por afeccionados patrióticos coma ser Luís Seoane ou Antonio Pérez Prado.

Sempre en Montevideo!

Quero aproveitar que ‘Sempre en Galicia’ de Montevideo (o programa en galego máis antigo do mundo) cumpre 74 anos para pedir que o vindeiro ano viaxemos ata a capital da miña moi recordada República Oriental do Uruguai para participar nas celebracións do 75º Aniversario. Coido que estamos en débeda cos emigrantes que o 3 de setembro de 1950 deciden homenaxear a Castelao (falecido en Bos Aires no mes de xaneiro) por medio da fundación dunha audición radial que fose emitida enteiramente no noso idioma.

A realidade riopratense nas letras do tango

Nas letras do tango podemos atopar todos os caracteres esenciais da realidade riopratense, unha realidade que é patrimonio común de arxentinos e uruguaios. O individualismo, a nostalxia, a...

Idea Vilariño foi a miña profesora de Literatura

Os meus estudos de ‘Preparatorios de Abogacía’ en Montevideo curseinos no IAVA (Instituto Alfredo Vázquez Acevedo) e tiven a sorte de que a miña profesora de Literatura fose a gran poeta uruguaia Idea Vilariño que era descendente por liña paterna de emigrantes do Concello de Ponteceso. A profesora Vilariño é sen dúbida quen máis afondou no estudo da literatura tanguera e os seus eruditos traballos de investigación imprescindibles para calquera análise que se queira realizar. O primeiro no que fai fincapé sobre as letras do tango é que ningún autor se atreveu nunca a escribir os textos das cancións segundo se pronunciaban. Os precursores da literatura tanguera incluían lunfardismos pero nunca chegaron a substituír as “elles” por “yes”.

As primeiras letras do tango

Os tangos máis antigos (antes do 1900) tiñan a súa letra aínda que era un texto improvisado e tiña un carácter secundario xa que naquel momento o tango era, fundamentalmente, unha danza. O siareiros das academias e peringundíns inventaban letriñas, case sempre obscenas, que non eran moi axeitadas para a súa interpretación en locais públicos. Pero como ben dicía Gobello para que toda esta sub-literatura puidese asomarse al varieté debe ter unha presentación decorosa e para iso o tango botou man da form aliteraria do cuplé. Se analizamos as letras de Villoldo (Ángel Gregorio Villoldo Arroyo, 1861-1919) vemos nelas unha clara estructura cupletística e tamén moita similitude na temática. Por exemplo a tradicional fachenda dos cuplés hispánicos ten unha copia nas beiras riopratense no xeito de sacar pecho ou hacer pinta de aqueles precursores compadritos arrabaleros. Si la famosa Pastora Imperio cantaba Yo soy la flor y nata de los Madriles; es ahora en Buenos Aires donde Lola Candales canta Yo soy la Morocha, la más agraciada.

Discépolis

Quisiera estar en Buenos Aires para poder asistir a la representación de la obra teatral Discépolis que tiene lugar en el Centro Cultural de la Cooperación en la céntrica avenida Corrientes. Mi interés por el tango rioplatense me lleva a aplaudir y a felicitar al grupo de actores que suben al escenario para homenajear al gran autor Enrique Santos Discépolo, el reconocido letrista es responsable también de la que creo es la mejor definición del tango: “Es un pensamiento triste que se baila”. La dramaturgia es una creación de la actriz Maggi Persíncola que también es la directora.

A linguaxe do tango

Para o investigador arxentino Arturo Mascia na linguaxe do tango temos tres formas de manifestación: a) o lunfardo; b) o gauchesco; c) o depurado de expresións vulgares. Fai fincapé na importante influencia do romanticismo e do modernismo nas letras do tango xa que os versos dos payadores eran fillos do romanticismo que era unha corrente literaria chea de idealismo, sentimentalismo e paixón. Pero os poetas dos anos vinte do século pasado eran herdeiros do modernismo que predicaba unha revalorización da estrofa e do verso.

Percanta que me amuraste

A partir de 1880 e ata aproximadamente o ano 1930, agroma en Bos Aires, Montevideo e Rosario un fenómeno teatral de importantes dimensións. Nestas tres cidades-porto terá lugar o movimento teatral máis importante da historia riopratense que vai acompañado de publicacións nas que se recollen os textos das obras e tamén información sobre o xénero teatral. A literatura dramática riopratenses vai xunto coa historia do momento xa que os autores recollen os acontecementos como fieis rexistradores dos sucesos da vida popular. Os dramaturgos son herdeiros das fontes hispánicas pero constrúen cos seus textos un verdadeiro teatro popular riopratense. Antes os textos eran sobre estranxeiros pero agora as obras incluén, case sempre, a un tano ou a un gayego recén chegado as beiras da Arxentina ou do Uruguai.

Os primeiros lugares de baile do tango

Arredor dos anos 1860-1870 nas capitais da Arxentina e do Uruguai comezou a xestación dunha danza (o tango) que hoxe é unha das súas máis recoñecidas marcas identitarias. Na proximidade dos postos militares que alí eran os “cuarteles de los milicos” había casas nas que se bailaban valses, mazurcas e chotis. Nos descansos da pequena orquestra, ten lugar a participación duns cantantes que chaman milongueros que veñen dos arrabaldos das cidades e cantan cancións improvisadas coas que manteñen vivo o patrimonio musical do mundo rural. Os asistentes o baile dicían que ían “a la milonga” a bailar coas “chinas” o que significaba a entrada do rural no mundo urbano xa que a milonga era o sinal de identidade dos troveiros do campo, os payadores.

Unha emigrante de Sarria chamada Iolanda

Estou a lembrar cando lle pedín ao doutor Sixto Seco que falase co presidente Fernández Albor (amigo seu e tamén socio na clínica compostelá ‘A Rosaleda’) para que a Xunta lle concedese a medalla Castelao ao moi egrexio loitador galeguista, residente en Montevideo, Manuel Meilán Martínez. Un pouco antes, no ano 1985, recibira a medalla outro emigrante tamén ancorado na capital uruguaia, Xesús Canabal Fuentes. Neste caso a iniciativa foi do propio médico de Mugardos que admiraba o labor galeguista e a solidaria man de don Xesús que sempre estaba onde era necesaria unha axuda. Pois agora corresponde engadir aos dous premiados a unha muller (Iolanda Díaz Gallego) que foi o sangue novo que desde Sarria achegou a súa paixón nas actividades que defendían a identidade propia de Galicia na capital da República Oriental do Uruguai.

O amencer do tango no Río da Prata

Sempre se fala dos compositores como creadores do tango riopratense pero no alborecer do tango as cousas foron doutro xeito xa que o tango antes que nada foi unha danza. Logo e xa cunha música orixinal consolidada é cando os bailaríns-creadores engaden todas as figuras por eles inventadas. O tango-danza nace como un baile de carácter esencialmente popular pois nas cidades de Bos Aires, Montevideo e Rosario había, agardando, amplos e axeitados escenarios. A suma de achegas crea unha danza que despois será canción e orquestra e Carlos Gardel. É ben sabido que diante de Gardel (Carlos Escayola Oliva) todos os riopratenses de certa idade sinten morriña e ninguén quere bailar xa que a súa voz é para meditar, reflexionar e gozar, sen présa, dun saboroso mate.

‘El Viejo Pancho’: un emigrante de Ribadeo

Quixera que neste ano 2024 non sexa esquecido o centenario de Xosé Alonso-Trelles Xarén. Naceu en Ribadeo (Lugo) o 7/V/1857 e morreu na capital da república Oriental do Uruguai o 28/II/1924.