La opinión de

Manuel Suárez Suárez

manuel-suarez-suarez

A Montevideo no ‘Cabo de Hornos’

En novembro de 1958 eu tiña cinco anos. O lugar máis afastado da miña aldea (Santa Baia de Tines-Concello de Vimianzo) no que estivera, foi en Santiago de Compostela cando, o 21 de xullo, ingresei de urxencia no Sanatorio Baltar para sandar das feridas dos dentes e poutas do lobo ou loba que deixou a pegada de 33 cicatrices no meu corpo infantil. Disque son moi afortunado xa que vou camiño de Montevideo nun barco chamado ‘Cabo de Hornos’. O meu pensamento estaba no desexo de atoparme con meu pai (Xesús Suárez García) que agardaba no outro lado do mar.

 

Pepe, un polisón en Montevideo

Os anos de Vicente no cárcere de Ferrol dóenlle moito a Xosefa. Hai que marchar axiña para esquecer sete anos de longo sufrimento. Ten unha irmá en Montevideo que lles abre a porta para entrar na República Oriental do Uruguai. O seu único fillo, Paco, négase ao embarque xa que non quere deixar a moza que ten en Sada. No peirao, o sobriño Pepe move os brazos e berra que despois de facer o servizo militar vai facerlles unha visita a Montevideo. O barco vaise afastando. Vicente despídese da Marola sen dicir ningunha palabra pois a súa vella amiga de Oleiros sabe que non se volverán ver.

 

Sempre en Galicia de Montevideo cumpre setenta anos!

O paso do tempo fai que certas imaxes, sons e sabores permanezan ben fixados na memoria aínda que no meu caso estea a falar de novembro de 1958. Unha singradura de 20 días no ‘Cabo de Hornos’ desde o porto da Coruña ata o de Montevideo foi emocionante. O mar que eu coñecía era o do fermoso areal de Laxe onde mollara os pés por vez primeira na compaña da miña avoa materna Concepción Lema Rojo. A xente da miña aldea (Tines, Vimianzo) adoitaba mercar as sardiñas e os xurelos de Laxe e tamén ir alí aos baños que eran receitados polos médicos para a recuperación da saúde dos esforzados labradores.

¡Gloria eterna para don Obdulio!

No teníamos que ganar. El equipo de Brasil era mucho mejor que el nuestro pero hay veces en que la actitud es lo que más cuenta. Eramos un grupo desanimado con unos dirigentes que no confiaban en...

¡Querido Carlitos!

En la capital argentina desembarcaron más de medio millón de emigrantes gallegos que a orillas del Río de la Plata encontraron un acogedor lugar para construir un nido propio al abrigo de viejas tempestades. Cruzaron el mar al ser empujados a abandonar su verde paraíso atlántico de castaños, pinos y robles. La alegría les llegó al ver que en el sur podían criar, educar y dejarle algo en herencia a los descendientes. En la gran ciudad-puerto de Buenos Aires labran su futuro con esfuerzo honrado. A nuestros emigrantes los espera un mate que será el eslabón que los unirá a un espacio de solidaridad en el sur.

Sempre en Montevideo!

As pegadas de Galicia na nobre e xenerosa República Oriental do Uruguai poden seguirse desde o ano 1527 ata agora mesmo. Estou a falar de case cinco séculos nos que os fillos do paraíso...

Perfecto López, egrexio vimiancés en Bos Aires

Que na actualidade a emigración galega en Bos Aires estea desfeita en anacos non debe levar a esquecer aos esforzados albaneis que ergueron nas beiras do Prata unha lareira identitaria para quecer...

Montevideo! Montevideo! Montevideo!

As pegadas de Galicia na nobre e xenerosa República Oriental do Uruguai poden seguirse desde o ano 1527 ata agora mesmo. Estou a falar de case cinco séculos nos que os fillos do paraíso...

O regreso da Illa do Tesouro

Somos moitos os rapaces que despois de ler ao grande escritor escocés Robert L.Stevenson fixemos unha viaxe polas costas e illas do Caribe. Aquelas aventuras foron quen de facernos...

No paraíso dos paraísos!

Os anos pasan aínda que aquel neno emigrante da aldea de Tines [Vimianzo] non esquece a súa grande alegría cando identificou a man do seu pai abaneando no peirao do porto de...

Carlos Penelas en Santiago de Compostela

Os devotos fieles que visitaron a catedral compostelá o xoves 2 de outubro aseguran que o Noso Señor Santiago virou para apertar e falar de fronte cun visitante que disque escribe...

Graciñas, don Xosé

Poida que a crise económica inflúa negativamente en cada unha das nosas actividades,  razoamentos e pensamentos. Coido é o que está a suceder coas desnortadas...

A morte do Centro Galego de Bos Aires

O acolledor fogar porteño onde Castelao recibiu o agarimo e o respeto dos emigrantes está intervido por orde xudicial e por tanto por vez primeira na súa historia non son as...

Dona Diáspora nas beiras do Chamangá

Hai anos que dona Diáspora desexa achegarse polas beiras do río Chamangá aló no norte no departamento uruguaio de Flores. Quere gozar duns saborosos mates na...

Dona Diáspora nas beiras do Chamangá

Hai anos que dona Diáspora desexa achegarse polas beiras do río Chamangá aló no norte no departamento uruguaio de Flores. Quere gozar duns saborosos mates na...

Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo

Hai tempo que a nosa vella emigrante quere achegarse pola capital do departamento uruguaio de Cerro Largo para cumprir co convite da súa boa amiga Xoana Fernández Morales . Na casa...

O último candombe

A nosa vella emigrante non está nada animada. Séntese abatida despois da morte do seu admirado Páez Vilaró. Hai uns poucos días estivo diante do lugar que...