Opinión

A realidade riopratense nas letras do tango

A realidade riopratense nas letras do tango

Nas letras do tango podemos atopar todos os caracteres esenciais da realidade riopratense, unha realidade que é patrimonio común de arxentinos e uruguaios. O individualismo, a nostalxia, a amistade; todo está no tango porque non hai sentimento, vicio ou virtude que non teña a súa letra. Dentro dos milleiros de letras que se levan escrito en máis de cen anos de creación literaria tanguera, hai temas que son máis reiterados que outros e por tanto moi indicativos da particular psicoloxía riopratense. A xeito de pequena escolma, pódese facer unha enumeración dos tangos e temas máis frecuentados polos autores.

-O barrio(Barrio reo, Barrio pobre, Melodía de arrabal, Puente Alsina, Barrio viejo, Barrio de tango, Almagro, Paternal, San José de Flores, Corrientes angosta, Viejo rincón, Recordando mi barrio, Tinta roja, Las cuarenta, Callecita de mi barrio, La que murió en Paris, Vuelvo al barrio, Volver).

-A morriña(Gricel, La abandoné y no sabía, Madreselvas, El 45, A pan y agua, Tiempos Viejos, Acquaforte, Destellos, Barra querida, Miriñaque, Tal vez será su voz, Bolita cachuza, Caminito, Cartas viejas, Cómo se planta la vida, Sueño de juventud, Boliche de cinco esquinas, Café La Humedad, Cada vez que me recuerdes, Quien tuviera dieciocho años).

-A nai(El penado 14, Madre, Te odio, Madre hay una sola, Perdón viejita, Oración rante, Hacélo por la vieja, Victoria, Santa madrecita, Trago amargo, Consejo de oro, Quejas del alma, A su memoria, La gayola, La casita de mis viejos).

O poeta Héctor Negro, autor entre moitas letras da magníficaViejo Tortoni(1981) di que no tango entra todo: lo sentimentallo descriptivolo sociallo jocosolas pasiones populareslo hondamente confidencialel desgarramiento más hondo. En diferentes estilos e linguaxes todo cabe dentro do tango que comeza coa expresividade do lunfardo e logo transita polo romanticismo e a crónica realista ata chegar a descarnada filosofía do gran creador Enrique Santos Discépolo. Sen esquecer o lirismo de Cátulo Castillo, Homero Manzi, Enrique Cadícamo, Homero Expósito, Horacio Ferrer e Eladia Blázquez.

Tendo en consideración o contido das letras, Daniel Vidart, fai unha clasificación en catro grupos: dramáticas, líricas, humorísticas e cómicas. Sobre os temas das letras propón unha clasificación en dez temas: 1) tema campesiño [as paisaxes e as personaxes do mundo rural); 2) tema orillero [o barrio, o arrabaldo, o bailongo, os taitas, as paicas, o patio do conventillo); 3) tema urbano [as rúas da cidade, o porto e seu mundo]; 4) tema amoroso [o amor da nai, a pena de amor, a traición]; 5) tema sobre o ambiente [a brevidade da gloria, o bailarían compadrito, o canfli, o bacán, o otario); 6) tema satírico [a crítica de costumes, persoas e situacións]; 7) tema lúdico [o escaloseador, o burrero, a timba, o fútbol); 8) tema filosófico (a tristeza, a dor, o cinismo, a indiferencia, a soedade); 9) tema social [a miseria, a fame, a gayola]; 10) tema tango [o propio tango é motivo dunha letra]. Para Jorge Göttling os temas do tango son nove: 1) o escepticismo; 2) a nai; 3) a fractura ou amor fallido; 4) o reencontro; 5) a vinganza; 6) o duelo crioulo; 7) o amor fugaz; 8) o alcohol; 9) o xogo. 

Aparecida una música, es un hecho casi instintivo que el hombre quiera cantarla.

Así, los primeros tangos, sobre todo los que se ejecutaban en los prostíbulos o lugares

privados, de inmediato fueron utilizados para ponerle letra y cantarlos; letra por

supuesto, adecuada a cada ambiente. En el caso del tango debe tenerse en cuenta la

existencia de los payadores que, en otros géneros, enseñaban la manera de 

improvisar o escribir una letra para determinado músico.   

                                                                                                                      Rubén Pesce