A REVISTA ‘NÓS’, EDITADA POLO CENTRO GALEGO NÓS, SÚMASE O 30º ANIVERSARIO QUE CELEBRA A ENTIDADE ESTE ANO

Trinta anos de pegada galega en Sabadell

Hai uns días asistía en Sabadell (Barcelona) á presentación do Nº 10 da revista ‘Nós’, un anuario que desde hai dous lustros ven editando o Centro Galego Nós, presidido por Rogelio Martínez, un sabadellense natural da Mariña Lucense que leva dedicando os últimos 18 anos da súa vida a esta tarefa, a veces pouco recoñecida, de presidir un Centro Galego.
Trinta anos de pegada galega en Sabadell
 Os principais responsables da revista, na presentación do último número.
Os principais responsables da revista, na presentación do último número.

Hai uns días asistía en Sabadell (Barcelona) á presentación do Nº 10 da revista ‘Nós’, un anuario que desde hai dous lustros ven editando o Centro Galego Nós, presidido por Rogelio Martínez, un sabadellense natural da Mariña Lucense que leva dedicando os últimos 18 anos da súa vida a esta tarefa, a veces pouco recoñecida, de presidir un Centro Galego, que precisamente este ano celebrou o seu 30 cumpleanos. Gracias o seu traballo os galegos contan agora cunha importante presencia nas actividades socioculturais programadas polo concello.

Nesta edición da revista ‘Nós’, que dirixe desde a súa fundación o profesor Xulio Couxil, podemos mergullarnos na lectura de importantes traballos xornalísticos de temáticas galega ou catalana, de contidos interesantes sobre cultura, arte e paisaxística galega, de colaboracións de personaxes importantes da escrita como Fina Casalderrey, Anxos Sumai, Noelia Rodríguez, Suso López, Simón Saura, Joan Saumoy, Manoel Carrete ou Kike de Navia, entre outros, así como do retrato narrativo feito dos 30 anos de pegada galega en Sabadell por socios do Centro como Manolo Vázquez ou Horacio Gutiérrez.
Coa presentación do anuario ‘Nós 2008’, pechan as actividades deste ano no que conmemoraron o 30º aniversario da entidade, dos cales 18 estivo presidida por Rogelio Martinez, quen aproveitou o evento para anunciar a súa retirada, xa que non volverá a presentarse a próxima lexislatura. Segundo dixo, nos últimos anos a súa saúde tivo certo devezo por culpa dunha enfermidade da que xa está recuperado, mais iso xunto con outros motivos persoais e familiares fan que considere necesario pasar a segunda fila, xa que desexa seguir colaborando como socio en todo aquilo que poida. No próximo mes de xaneiro teñen pensado convocar unha asemblea que elixa a unha nova xunta directiva que tome o relevo destes 18 anos de presidencia de Rogelio, quen tamén aproveitou para agradecer os apoios e as mostras de solidaridade e afecto que nestes anos tiveron con él e co Centro os socios, amigos e a institución. Ademais tivo un agradecemento especial a diversos medios de comunicación, entre eles a ‘Galicia en el Mundo’ matizou, pola divulgación que fixeron das actividades do Centro Galego Nós.
Trinta anos, o tempo pasa e un neste intre lembra aqueles actos galegos nos que participaba en Sabadell alá polo outono de 1978. Lembro aquel ciclo de conferencias coas que o entón ‘Grupo Nós’ nos agasallaba para dar a coñecer o seu nacemento, e nas que o catedrático Basilio Losada nos achegaba á ‘Literatura galega dos anos da posguerra’; efectivamente aquelas eran as primeiras actividades do que hoxe é o Centro Galego Nós. Logo viñeron ‘Fuxan os Ventos’ e unha longa ringleira de actividades máis.
Desde entón os tempos mudaron á carreira, e o ‘Grupo Nós’ que se definía como unha plataforma cultural, cun principal obxectivo que era “a toma de conciencia da identidade nacional galega entre os emigrantes galegos” tamén mudou converténdose no Centro Galego Nós mais, o seu principio de promoción da cultura galega seguiu sendo o cerne dunha das entidades con máis arraigo e dinamismo da colectividade galega en Cataluña, e a súa incansable labor ten hoxe unha incomparable “pegada galega” na cidade de Sabadell. Aí temos a praza Castelao, a praza Illas Cíes ou o paseo da Mariña Lucense ademais dunha activa presenza galega nas actividades socioculturais da cidade, así como a longa ringleira de actos propios do Centro organizados ao longo dos últimos trinta anos: recitais de música galega, conferencias, exposicións, cursos de formación, xiras culturais, conmemoración das nosas datas tradicionais, promoción das cousas galegas e de Galicia como país, etc..., son hoxe esa “pegada galega” que tódolos cidadáns de Sabadell coñecen.