Festexouse tamén o XXVIII Aniversario da entidade galega da localidade
Rubí celebrou a tradicional festa co gallo do Día das Letras Galegas
Organizado pola Irmandade Galega, a localidade de Rubí (Barcelona) celebrou durante os días 16, 17 e 18 de maio a tradicional Festa Galega co gallo da conmemoración das Letras Galegas 2008, así como a celebración do XXVIII Aniversario da entidade.

Organizado pola Irmandade Galega, nestes momentos presidida por unha das mozas máis dinámicas nos asuntos socioculturais da colectividade galega en Cataluña e mesmo da vida asociativa da vila como é Silvia Castañeda, a localidade de Rubí (Barcelona) celebrou durante os días 16, 17 e 18 de maio a tradicional Festa Galega co gallo da conmemoración das Letras Galegas 2008, así como a celebración do XXVIII Aniversario da entidade.
Un evento no que durante o fin de semana a entidade galega, con xa fonda raizame nesta vila da periferia de Barcelona e que na actualidade conta con cerca dun milleiro de galegos, organizou un evento cultural e festivo que unha vez máis deixou na cidade a forte pegada galega.
Un relato, en lembranza o agasallado coas Letras Galegas este ano Xosé M. Álvarez Blázquez, abría os actos conmemorativos das nosas letras. E o tradicional pasarrúas pola la cidade, a cargo de varios grupos de gaitas, tambores e pandeiretas, facendo unha parada na Praza da Vila para ofrecer unha foliada perante a Casa do Concello, seguido dunha visita homenaxe ó símbolo da galeguidade en Rubí como é a Praza dedicada ó ilustre poeta galego Celso Emilio Ferreiro cunha ofrenda floral perante o seu monolito, para logo seguilo camiño a modo de romaría ata chegar ó Parque de Can Oriol, onde se celebrou a tradicional Festa Galega, durante o fin de semana.
Unha festa ó máis enxebre estilo galego coa participación de numerosos grupos de danza e música galega, das principias entidades galegas de Cataluña, así como grupos doutras entidades representativas na vila de Rubí, de diversas comunidades autonómicas, xunto coa exposición de libros e ampla información turística e cultural de Galicia, sen faltar os típicos productos gastronómicos, e os viños da terra que adornaron o recinto do parque para goce dos numerosos visitantes, e de destacados membros dos diferentes entes de goberno de Cataluña, especialmente do Concello de Rubí que cada ano participan activamente nesta conmemoración da entidade galega coa que teñen excelentes relacións, así como os diferentes grupos municipais.
Sinalar tamén a edición especial da súa revista ‘O Pardao’, que veñen editando asiduamente desde hai máis de tres lustros e que nesta edición especial co gallo da celebración desta festa, recolle un bo feixe de relatos culturais, así como a felicitación de diversas personalidades como o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, e da alcaldesa de Rubí, Carme García Lores, entre outros, e tamén información biográfica sobre a vida e a obra do agasallado coas Letras Galegas, entre outros traballos de interese cultural galego, e de actualidade.