ASISTIRON O PRESIDENTE DA ‘GENERALITAT’, JOSé MONTILLA, E O SECRETARIO DE EMIGRACIóN, MANUEL LUIS RODRíGUEZ

O entroido da Agrupación Saudade de Barcelona reuniu a unhas mil persoas

Organizada pola Agrupación Cultural Galega Saudade, que preside Ernesto Lagarón Vidal, a redor dunhas mil persoas asistiron o pasado sábado 23 de febreiro á popular Cea do Entroido, a que asistiron as autoridades catalanas e galegas.
O entroido da Agrupación Saudade de Barcelona reuniu a unhas mil persoas
O presidente da Generalitat axudou a facer a tradicional queimada.
O presidente da Generalitat axudou a facer a tradicional queimada.

Organizada pola Agrupación Cultural Galega Saudade, que preside Ernesto Lagarón Vidal, a redor dunhas mil persoas asistiron o pasado sábado 23 de febreiro á popular Cea do Entroido, celebrada nun dos principais hoteis de Barcelona, e a que asistiron as principais autoridades de Cataluña, como o presidente da ‘Generalitat’, José Montilla, e representantes dos principais partidos cataláns. Tamén asistiu o secretario xeral de Emigración da Xunta, Manuel Luís Rodríguez. Unha especial mención ó alcalde de Navia de Suarna (Lugo), José Fernández, xa que deste concello procedían os principais productos degustados.

Un multitudinario encontro de galegos no que un ano máis, desde que Saudade instituíu o evento hai nove anos, os socios e amigos da entidade acudiron masivamente a esta convocatoria gastronómica na que se degustaron os manxares máis prezados do mar e a terra de Galicia –e todo ilo por un prezo popular, se temos en contra outros eventos parecidos, que se celebran en Barcelona–, e a festexar como se merece o xuntoiro de don Entroido e dona Coáresma. Foi unha edición especial para os organizadores, xa que veñen de conmemorar o seu 25º aniversario, un acontecer no que celebraron ó longo do pasado ano un ambicioso programa de actividades de diversa índole que culminaron con esta multitudinaria cea de irmandade, na que tamén se condecoraron coas insignias de Prata e Ouro da entidade a diversas persoas e institucións que ó longo destes anos colaboraron coa institución, así como co desenvolvemento da cultura galega, en diversos eidos.
Un evento que ademais se aproveita para dar a coñecer en Cataluña as elaboracións artesanais dos productos típicos destas datas en diferentes lugares de Galicia: botelo, chourizos, empanada, cachola, lacón, grelos etc., nesta novena edición elaborados polos artesáns do Concello de Navia (Lugo), despois dunha suculenta mariscada, xa que os productos do mar galego tampouco poden faltar en calquera xuntanza gastronómica que se prece. Todos estes ingredientes, regados cos mellores viños galegos, fixeron que a velada, que rematou cunha gran queimada galega e a tradicional romaría, fora do agrado dos asistentes, que ademais da degustación dos productos, asistiron a unha perfecta posta en escena da Cea do Entroido, cunha espléndida organización que un ano máis converteu a este evento nun referente da gastronomía galega en Barcelona.
A celebración que a entidade organizadora lle dá o carácter de encontro de galegos xa que a asistencia é aberta a tódolos galegos que queiran asistir, tan só limitados polo espacio, contou ademais dos socios de Saudade, con socios e directivos da practica totalidade das entidades galegas en Barcelona, con representacións dos diferentes estamentos institucionais de Cataluña e Galicia: entre os que destacan o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Manuel Luís Rodríguez; o presidente do Goberno de Catalunya, José Montilla; representantes do municipias dos concellos de Barcelona e Hospitalet onde se celebrou o acto, así como dirixentes dos partidos, que ainda que xa estaban en campaña electoral ningún deles fixo alusión a ilo limitandose nos seus parladoiros as filicitacións habituais ós organizadores e os correspondentes saudos ós asistentes.