O ‘PARC CATALUNYA’ DE SABADELL ACOLLEU UNHA ESCOLMA DE ACTOS LúDICOS E MUSICAIS
O Centro Galego Nós pecha as xornadas ‘Galicia Hoxe’ coa tradicional festa galega
Un ano máis o Centro Galego Nós de Sabadell (Barcelona), entidade que preside Rogelio Martínez Lodos, ven de celebralas xornadas culturais ‘Galicia Hoxe’.

Un ano máis o Centro Galego Nós de Sabadell (Barcelona), entidade que preside Rogelio Martínez Lodos, ven de celebralas xornadas culturais ‘Galicia Hoxe’, unhas xornadas que, gracias a colaboración da entidade galega e o Concello de Sabadell, presentan un programa de actividades que ten como finalidade o aprobamento do coñecemento da cultura galega na cidade de Sabadell, e nas que participan e colaboran as diversas entidades representativas das diferentes autonomías asentadas na cidade, e que remataron cunha gran Festa Galega celebrada os días 6, 7 e 8 de xuño no ‘Parc Catalunya’.
Ademais este ano que coincide co 30º aniversario do Centro Galego os festexos tiveron un significado especial, no referente a participación dos socios e mesmo das autoridades municipais que co seu alcalde, Manuel Bustos, ao fronte participaron masivamente nos actos, asemade significar a representación nos actos da Xunta de Galicia na persoa de Santiago González (director de Programas Sociais da Secretaría de Emigración), a ‘Generalitat de Catalunya’ e a Deputación de Barcelona, entre outras autoridades, así como representantes da colectividade galega en Cataluña.
Un fin de semana no que o ‘Parc Catalunya’ acolleu unha boa escolma de actividades lúdicas e musicais, con actuacións diversas que acolleron aos diferentes segmentos representativos da cidade e que van desde a actuación do popular cantante de canción española Manolo del Río e Montse Giménez, pasando pola actuación do mago ‘Segio’, así como o recital poético a cargo do poeta Bonifacio Herrera. No tocante a pegada musical galega foron os grupos de danza e gaitas da A.C.G. Saudade de Barcelona e o do propio Centro Galego Nós os que coas súas actuacións deron unha merecida nota musical galega a festa rachada celebrada durante as tardes e noites do tres días amenizadas pola Orquestra Internacional ‘Pasarela’ de Vigo e o grupo orquestral ‘Mediterráneo’ de Sabadell.
No eido gastronómico tamén se celebraron diferentes xantares campestres no recinto da festa coa degustación dos principais produtos da gastronomía galega; polbo, empanada, lacón... etc., e os viños e licores populares da terra, así como a exposición e veda de diversos produtos, tantos gastronómicos como culturais, e abundante material informativo co que se promocionaron as diferentes variedades turísticas de Galicia.