A AGRUPACIÓN ALBORADA ESTREOU SU NOVO ESPAZO
Nova sede social para os galegos da localidade barcelonesa de ‘La Llagosta’
A localidade de ‘La Llagosta’ (Barcelona) luciu recentemente cores galegos, e moi especialmente no novo Centro Cultural da vila, onde se atopa a nova sede social da Agrupación Cultural Galega Alborada, que preside Xosé Luís Salgueiro, un amplo e axeitado local no que a partir de agora os socios e amigos de Alborada poderán realizar as súas actividades dun xeito moito máis cómodo.

A inauguración dos novos locais tiña lugar o sábado día 15 pola mañá coa asistencia de diversas autoridades. O acto estivo presidido polo alcalde de ‘La Llagosta’, Antonio Rísquez; o subdirector de planificación das políticas de retornados e da inmigración da Xunta de Galicia, Carlos Santiso; así como o presidente da entidade protagonista, Xosé Luís Salgueiro. A nova sede de Alborada recibiu durante a xornada numerosos visitantes, veciños da vila e representantes das diversas entidades asentadas en Cataluña que se acercaron para darlles os parabéns a Xunta Directiva da entidade, así como aos seus socios polos esforzos feitos para acadar unha das ilusións coa que hai moito tempo soñaban, ter unhas instalacións adecuadas para realizar as súas actividades dun xeito cómodo e relucente.
A nova sede social de Alborada atopase no primeiro andar do Centro Cultural da Vila, ten a súa entrada pola Rúa Mogoda. Cunha superficie de máis de 300 metros cadrados repartidos entre dúas salas polivalentes, biblioteca, despachos e sala de ensaios, tamén conta co seu correspondente bar-restaurant, no que sen dubida se degustarán os mellores produtos da gastronomía galega. Ademais conta no mesmo centro con salas para conferencias e un anfiteatro para concertos a actuacións en xeral completamente acondicionadas, que poderá utilizar conxuntamente coa programación cultural da vila.
Durante o fin de semana o Centro Cultural inauguraba tamén as súas instalacións coas actividades que organizou a A.C.G. Alborada, comezando o sábado pola maña coa apertura da xornada de portas abertas que recibía numerosas visitantes; pola tarde, a Banda de Gaitas de Alborada facía a súa primeira actuación no anfiteatro do Centro Cultural, novos e vellos, gaiteiros que pasaron e que pola súa idade xa non están activos no grupo e os que están xuntáronse para este evento. Xa pola tardiña, o grupo de folk galego residente en Barcelona ‘Neirela’ ofrecía un concerto no que presentou o seu traballo discográfico recén amoado, así como as pezas tradicionais do seu repertorio. O domingo pola tarde pechábanse os actos coa representación teatral da obra ‘A Posadeira’, de Carlo Goldoni, pola Compañía Andoriña da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá.