Segundo marca a tradición galega, dedicaron unha semana á esta festa popular

A Irmandade Galega de Rubí realizou unha parrillada popular para pechar a celebración da Festa da Matanza

Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron un ano máis a Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios e amigos da entidade participan activamente.

A Irmandade Galega de Rubí realizou unha parrillada popular para pechar a celebración da Festa da Matanza
Rubi.Parrillada44
Membros da Irmandade Galega preparan a parrillada.

Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron un ano máis a Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios e amigos da entidade participan activamente.

O evento celebrouse nun dos parques máis significativos da cidade ‘Can Oriol’, como se dunha familia se tratase. Segundo marca a tradición galega, dedicaron unha semana á esta festa popular arraigada na entidade galega desde a súa fundación, unha celebración festiva que fan á antiga usanza, elaborando os productos por eles mesmos, un día para as filloas, outro para os roxóns e rematando o domingo coa a degustación das viandas ao aire libre a modo de parrillada popular que comparten con amigos da entidade e mesmo veciños da cidade de Rubí.

Ó Parque ‘Can Oriol’ acudiron desde a alcaldesa da cidade, Carmen García Lores, ata calquera socio doutra entidade galega de Cataluña. Churrasco, cachola, chourizos, filloas e cachelos, por suposto galegos, e unha cunca de viño fan as delicias de calquera que guste desta festa. E son moitos os que circulan polo devandito parque. Ó xantar institucional este ano asistiron ó redor trescentas persoas, e no que atopamos unha ampla representación das institucións municipais, representantes da maioría de entidades galegas en Catalunya e diversas personalidades como a deputada Isabel López Chamoso, os directivos da Irmandade Galega, socios e amigos da entidade, así como das diversas casas rexionais de Rubí, saboreando os ricos manxares, cociñados con moito agarimo polos compoñentes de entidade galega de Rubí.