DISPONDRáN HASTA EL 15 DE ABRIL PARA PEDIR LAS SUBVENCIONES QUE CONCEDE LA SECRETARíA XERAL DE EMIGRACIóN

Emigración abre el plazo para la solicitud de ayudas sociales de carácter individual

Los emigrantes de origen gallego disponen de plazo hasta el 15 de abril para solicitar las ayudas económicas, directas, individuales y de carácter social que concede la Secretaría Xeral de Emigración para cubrir las necesidades básicas de subsistencia y atención sociosanitaria de los residentes en el exterior con problemas económicos.
Emigración abre el plazo para la solicitud de ayudas sociales de carácter individual

Los emigrantes de origen gallego disponen de plazo hasta el 15 de abril para solicitar las ayudas económicas, directas, individuales y de carácter social que concede la Secretaría Xeral de Emigración para cubrir las necesidades básicas de subsistencia y atención sociosanitaria de los residentes en el exterior con problemas económicos. Dependencia o enfermedad grave del solicitante o en el seno familiar; invalidez o enfermedad permanente; y cobertura de medicamentos y tratamientos de enfermedades crónicas son algunos de los supuestos que se contemplan a la hora de conceder estas ayudas.

Los emigrantes de origen gallego y nacionalidad española residentes en el exterior son los principales destinatarios de las ayudas económicas individuales  que concede la Secretaría Xeral de Emigración para paliar las carencias económicas de la diáspora asentada en países en crisis.
El departamento de Emigración de la Xunta destina a este programa un total de 1.600.000 euros, cantidad que podrán ser incrementada en función de las disponibilidades presupuestarias que se puedan producir.
Para beneficiarse de estas cuantías, los solicitantes deberán acreditar haber nacido en Galicia o que su último lugar de residencia en España fuese la comunidad autónoma. También podrán percibir dichas ayudas aquellos que se encuentren vinculados con cualquier ayuntamiento gallego en el Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) o que sean descendientes hasta segundo grado de consanguinidad de una de las personas que acreditaron su origen.
De este modo, en caso de fallecimiento del solicitante, podrán beneficiarse de estas partidas el cónyuge viudo, la pareja de hecho o de relación análoga y los hijos que dependían económicamente del fallecido, siempre y cuando no hayan transcurrido dos años desde el fallecimiento.
Entre los beneficiarios también se encuentran el cónyuge viudo o la persona con la que mantuviese una unión de hecho o relación análoga, así como el padre, madre o huérfanos de emigrantes que hayan desaparecido o fallecido como consecuencia de las represiones políticas que se vivieron en Argentina, Chile y Uruguay.
Así mismo, también se beneficiarán los cónyuges, viudos o personas que mantuviesen una relación de afectividad hasta segundo grado con emigrantes que obtuviesen la declaración de reparación y reconocimiento personal, por la que se establecen medidas en favor de quien padeció persecución o violencia durante la Guerra Civil o la dictadura.
Al amparo de este programa de la Xunta, por lo que respecta al ámbito asistencial, se conceden ayudas por situación de dependencia o enfermedad grave del solicitante; por situación de dependencia o enfermedad grave en el seno de la unidad familiar; por invalidez o enfermedad permanente; y para la cobertura de medicamentos y tratamientos de enfermedades crónicas o graves, cuando tengan un coste elevado.
Por lo que respecta al ámbito social, se contemplan ayudas para paliar una situación de paro; por hechos extraordinarios de carácter puntual; y por encontrarse la unidad familiar en situación de precariedad.
Este supuesto sólo será de aplicación en aquellos países en los que el Estado español no tenga asignados convenios en materia de seguridad social.
Las solicitudes se pueden presentar en distintas entidades, dependiendo del país en el que se encuentren. En el caso de Argentina, será en la Delegación de la Xunta de Galicia en Buenos Aires, mientras que en los restantes países, se podrán realizar en las entidades colaboradoras.
Concretamente, en el caso de Brasil, están indicados la Peña Galega de la Casa de España de Río de Janeiro, la Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía, la Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos e Instrucción de São Paulo y la Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
La Federación de Sociedades Gallegas en La Habana es el lugar indicado para hacer la solicitud desde Cuba, mientras que en Uruguay se hará en la Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo; y en Venezuela, en la Hermandad Gallega de Caracas.
Esta resolución de convocatoria de ayudas económicas individuales a emigrantes se enmarcan dentro de la actuación coordinada que la Xunta de Galicia pretende llevar a cabo con el Estado, a través de la Secretaría Xeral de Emigración, para la consolidación de una política de atención y protección a los gallegos residentes en el exterior que se encuentran en situación de necesidad.
El objetivo es garantizarles el ejercicio de sus derechos y deberes constitucionales y estatutarios en términos de igualdad con los españoles residentes en Galicia.

Ayudas individuales

 
Resolución do 4 de febreiro de 2008, da  Secretaría Xeral de Emigración, pola que se
establece e se regula o programa de axudas  económicas individuais a galegos residentes
no exterior para o exercicio de 2008.

A Secretaría Xeral de Emigración, segundo o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, é o órgano superior da Administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, as relacións coas comunidades galegas no exterior e a política inmigratoria e de retorno en Galicia.
O Plan estratéxico da emigración 2006-2009, establece como unha das súas áreas de actuación prioritaria a asistencia sociosanitaria digna para todos os galegos e galegas residentes no exterior, mediante, entre outros, o programa de axudas asistenciais individuais, que ten como obxectivo o de contribuír a paliar a carencia de medios económicos para poder afrontar as necesidades básicas de subsistencia en alimentación, asistencia sanitaria, cobertura en casos de enfermidade ou outras situacións de carácter grave e excepcional.
O Estatuto da cidadanía española no exterior, aprobado mediante a Lei 40/2006, do 14 de decembro, que se configura como o marco xurídico que lles garante aos cidadáns residentes no exterior o exercicio dos seus dereitos e deberes constitucionais, establece no seu artigo 5 a asistencia e protección por parte da Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas, no marco das súas respectivas competencias, daqueles cidadáns residen-
tes no exterior que se atopen en situacións de necesidade.
A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emigración pretende, nunha actuación coordinada co Estado español, a consolidación dunha política de atención e protección aos galegos residentes no exterior que se atopan en situación de necesidade, coa finalidade de garantirlles a estes cidadáns o exercicio dos seus dereitos e deberes constitucionais e estatutarios en termos de igualdade cos españois residentes en Galicia.
Neste contexto enmárcase esta resolución de convocatoria de axudas económicas individuais a emigrantes galegos para o exercicio de 2008, que teñen un carácter individual, extraordinario e non periódico.
A di sposi ci ón adi ci onal segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral de Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.
En virtude do exposto e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, naqueles preceptos que sexan básicos, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na normativa que a desenvolve, logo do informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,
DISPOÑO:
Programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior
Artigo 1o.-Obxecto e características.
1.1. O obxecto desta resolución é establecer un programa de axudas económicas individuais a emigrantes galegos nos termos e nas condicións que seguen. Especificamente, regúlase a concesión de axudas económicas, directas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.
Artigo 2o.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
2.1. Os emigrantes de orixe galega e nacionalidade
española residentes no exterior. A forma de acreditar esta condición de emigrante sinálase no artigo 16o.
2.2. No caso de falecemento da persoa indicada no punto anterior, poderán ser beneficiarios das axudas previstas no artigo 6o desta convocatoria, o cónxuxe viúvo, a parella de feito ou relación análoga e os fillos, que dependían economicamente do falecido, se non transcorreron dous anos desde o falecemento.
2.3. O cónxuxe viúvo ou persoa con que mantivese unha unión de feito ou relación análoga, pai, nai ou orfos de emigrantes que cumprindo os requisitos do punto 2.1 teñan desaparecido ou falecido como consecuencia da represión política realizada polas ditaduras militares en Arxentina, Chile e Uruguai.
2.4. Os cónxuxes viúvos ou persoa con que mantivese unha relación de afectividade, ascendentes, descendentes ou colaterais ata o segundo grao, de emigrantes que, cumprindo os requisitos do punto 2.1, obtivesen a declaración de reparación e recoñecemento persoal establecida no artigo 4 da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.
Artigo 3o.-Requisitos xerais dos solicitantes.
Poderán solicitar estas axudas as persoas que cumpran e acrediten documentalmente os requisitos xerais que a continuación se sinalan:
3.1. Acreditar a condición de beneficiarios de acordo co disposto no artigo 2o.
3.2. Careceren de rendas, ingresos ou patrimonio.
3.2.1. Considerarase que existen rendas ou ingresos insuficientes cando aqueles de que dispoña o interesado ou se prevexa que vai dispoñer en cómputo anual, sexan iguais ou inferiores á base de cálculo da pensión asistencial por ancianidade establecida polo Estado para o país de residencia (sen prexuízo das contías específicas do artigo 4.2), nas contías que se determinen para o exercicio de 2008, computándose todo tipo de rendas, mesmo as axudas públicas ou privadas.
Malia o disposto no parágrafo anterior, se o solicitante carece de rendas ou ingresos suficientes, segundo o previsto nese parágrafo, pero convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma
do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 por cento da devandita cifra polo número de conviventes menos un.
Para os efectos do establecido neste punto, consideraranse rendas ou ingresos computables os bens ou dereitos de que dispoña anualmente o beneficiario ou a unidade económica familiar, derivados tanto do traballo como do capital, así como calquera outro substitutivo daqueles.
3.2.2. Considerarase que existe patrimonio mobiliario suficiente cando existan bens mobles cun valor superior á base de cálculo da pensión asistencial por ancianidade en cómputo anual. Así mesmo, considerarase que existe patrimonio inmobiliario suficiente cando o valor patrimonial ou equivalente dos inmobles, agás a vivenda habitual, supere en 2,5 veces a
base de cálculo da pensión asistencial por ancianidade en cómputo anual.
3.3. Non pertenceren a organizacións, comunidades, ou institucións que polas súas regras ou estatutos estean obrigados a prestarlles asistencia.
3.4. Ademais dos requisitos anteriores, en cada un dos supostos de axuda previstos nos seguintes artigos, os solicitantes terán que cumprir os requisitos específicos que se sinalan en cada un deles, tendo en conta que todos os requisitos deberán cumprirse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
3.5. Entenderase como unidade económica familiar a integrada polo solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe, parella de feito ou relación análoga, así como os fillos e parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao sempre que convivan e dependan economicamente do solicitante.
Artigo 4o.-Axudas por atoparse a unidade familiar en situación de precariedade.
Poderán solicitar as axudas deste suposto as persoas que cumpran os requisitos xerais previstos no artigo 3o, e os específicos seguintes:
4.1. Que teñan 65 anos cumpridos.
4.2. Residir nun país iberoamericano co cal o Estado español non teña asinados convenios bilaterais en materia de Seguridade Social.
Artigo 5o.-Axudas por situación de dependencia, ou enfermidade grave do solicitante.
Poderán solicitar as axudas deste suposto as persoas que cumpran os requisitos xerais previstos no artigo 3o e se atopen nalgún dos seguintes supostos:
5.1. Atoparse o/a solicitante, en situación de dependencia que fagan necesarios coidados e asistencia de terceiros.
Enténdese por situación de dependencia o estado de carácter permanente en que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade e ligadas á falla ou perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención doutra ou outras persoas ou axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida
diaria, ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal.
5.2. Padecer o/a solicitante unha enfermidade grave e carecer da correspondente cobertura para o seu tratamento ou atención médica.
Artigo 6o.-Axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar.
Poderán solicitar as axudas deste suposto as persoas que cumpran os requisitos xerais previstos no artigo 3o e aqueles específicos que se sinalan a continuación:
6.1. Estar o cónxuxe ou persoa con que manteña unha unión de feito ou relación análoga ou os fillos nunha das seguintes situacións:
-Atoparse en situación de dependencia que faga necesarios coidados e asistencia de terceiros.
-Padecer unha enfermidade grave e carecer da correspondente cobertura para o seu tratamento ou atención médica
Artigo 7o.-Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.
Poderán solicitar as axudas deste suposto as persoas que cumpran os requisitos xerais previstos no artigo 3o e aqueles específicos que se sinalan a continuación:
7.1. Ser maior de 18 anos e menor de 65 e atoparse o/a solicitante en situación de invalidez ou enfermidade permanente que o incapacite para o desenvolvemento de calquera tipo de actividade laboral.
Artigo 8o.-Axudas para a cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custo elevado.
Poderán solicitar as axudas deste suposto as persoas que cumpran os requisitos xerais previstos no artigo 3o e aqueles específicos que se sinalan a continuación:
8.1. Ter cumpridos 64 anos.
8.2. Padeceren unha enfermidade crónica ou grave que requira dunha medicación ou tratamento de custo elevado e careza da correspondente cobertura.
Entenderase que o custo é elevado cando as cantidades destinadas a estes fins ascendan polo menos a un seis por cento da base de cálculo da pensión asistencial por ancianidade establecida polo Estado español para o país de residencia, nas contías que se determinen para o exercicio de 2008 en cómputo mensual.
Entre os gastos derivados do tratamento da enfermidade crónica ou grave poderanse engadir, de ser caso, os de copagamento de actos médicos.
Artigo 9o.-Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero.
Poderán solicitar as axudas deste suposto as mulleres que cumpran os requisitos xerais previstos no artigo 3o e aqueles específicos que se sinalan a continuación:
9.1. Ser maior de idade ou emancipada.
9.2. Sufrir unha situación de violencia de xénero acreditada.
Artigo 10o.-Axudas para paliar unha situación de paro.
Poderán solicitar as axudas deste suposto as persoas que se atopen en situación legal de desemprego e que cumpran os requisitos xerais previstos no artigo 3o e aqueles específicos que se sinalan a continuación:
10.1. Ser maior de 50 anos e menor de 65 anos.
10.2. Os ingresos por calquera concepto da unidade económica familiar non poderán superar a metade da base de calculo da pensión asistencial por ancianidade establecida polo Estado para o exercicio de 2008 no país de residencia, computándose os ingresos do xeito establecido no artigo 3.2.1.
Artigo 11o.-Axudas por feitos extraordinarios de carácter puntual.
Poderán solicitar as axudas deste suposto as persoas que cumpran os requisitos xerais previstos no artigo 3o, e aqueles específicos que se sinalan a continuación:
11.1. Que se producisen nos 12 meses anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes, no seo da súa unidade económica familiar, feitos de carácter grave e excepcionais que impidan a cobertura das súas necesidades básicas, sempre que a natureza do suposto de feito que as provoca non estea recollido nos artigos anteriores.
De producirse o feito puntual con posterioridade á data indicada, poderase presentar a solicitude ata o 30 de novembro de 2008, quedando a súa concesión condicionada á existencia de crédito, de conformidade co establecido no artigo 15.4.
Artigo 12o.-Contía da axuda.
12.1. A contía da axuda poderá variar entre un mínimo de 430 € e un máximo de 900 €. Será fixada tendo en conta:
-O número de solicitudes presentadas.
-O importe da axuda estará en función da avaliación obtida en aplicación dos criterios establecidos no artigo 17o e tendo en conta a gravidade do suposto polo que se solicita, ordenándose en orde decrecente segundo os artigos correspondentes a cada suposto tal como se sinala a continuación: 5o, 7o, 8o, 10o, 9o, 6o, 11o e 4o.
12.2. Cando nunha mesma unidade económica familiar concorra máis dun beneficiario, a contía das axudas serán minoradas nun 70% excepto a de maior importe, agás as axudas previstas nos artigos 4o e 10o, que son incompatibles coa percepción de axudas por outro suposto na mesma unidade económica familiar.
12.3. Cando o solicitante resida nun centro asistencial ou similar, a contía máxima da axuda non superará a diferenza entre o custo do centro e os ingresos acreditados polo solicitante. En todo caso non superará o importe previsto no artigo 12o.1.
Artigo 13o.-Natureza das axudas.
13.1. As axudas teñen carácter persoal e intransferible. As axudas non orixinan ningún dereito subxectivo para os beneficiarios e estarán, en todo caso, condicionadas ás dispoñibilidades orzamentarias do exercicio orzamentario 2008, previstas para esta finalidade.
13.2. No suposto de que, unha vez ditada a resolución de concesión das axudas, o/a beneficiario/a falecese, terán dereito á súa percepción aqueles que acrediten, de acordo coa normativa do país de residencia, a súa condición de herdeiro/os.
13.3. Soamente se poderá conceder unha axuda por feito causante.
13.4. Cada solicitante soamente poderá pedir unha axuda, por un único suposto. De presentarse máis dunha solicitude, entenderase como válida a presentada en primeiro lugar.
Artigo 14o.-Competencia.
A competencia para resolver as solicitudes de axudas presentadas ao abeiro desta resolución correspóndelle ao secretario xeral de Emigración.
Artigo 15o.-Lugar e prazo de presentación.
15.1. Lugar de presentación.
As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral de Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4o da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (entre os que figuran a Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, consellerías de Traballo e Asuntos Sociais, nas seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante).
15.2. Para a presentación destas solicitudes os interesados poderán utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia de conformidade co Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.
Os interesados que así o desexen, poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se sinalan a continuación, para a presentación telemática das súas solicitudes:
* En Brasil:
Peña Galega da Casa de España (Río de Janeiro).
Real Sociedad Española de Beneficencia (Salvador-Bahía).
Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrucción (Sâo Paulo).
Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro (Santos).
* En Cuba:
Federación de Sociedades Gallegas (La Habana).
* En Uruguai:
Unión de Sociedades Gallegas (Montevideo).
* En Venezuela:
Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas).
A utilización desta vía requirirá unha autorización que o interesado lle outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude por vía telemática. Esa autorización farase constar no modelo de solicitude.
15.3. As entidades galegas remitirán todas as solicitudes recibidas, xunto co resto da documentación, á Secretaría Xeral de Emigración nos seis días seguintes á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Este prazo só será ampliado logo de autorización da secretaría xeral.
15.4. Prazo. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de abril de 2008, agás as correspondentes ao artigo 11o, que poderán presentarse na época do ano en que se produza a continxencia, quedando condicionada a súa concesión á existencia de crédito.
Artigo 16o.-Acreditación da condición de emigrante.
A condición de emigrante de orixe galega e nacionalidade española deberá acreditarse mediante a presentación da seguinte documentación:
16.1. A nacionalidade española mediante o pasaporte español en vigor, o certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento xustificativo que acredite a nacionalidade española. No documento presentado debe constar a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular, agás en casos de imposibilidade de obtención.
16.2. A orixe galega xustificarase mediante calquera documento oficial que acredite un dos dous requisitos seguintes:
16.2.1. Ser nado en Galicia ou que a última veciñanza administrativa en España foi en Galicia.
16.2.2. Que se atope vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes e sexa descendente ata o segundo grao de consanguinidade dunha das persoas descritas no punto 16.2.1.
Artigo 17o.-Documentación.
17.1. Todos os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:
a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo I desta resolución. No caso de que os solicitantes sexan menores de idade ou incapacitados, asinará a solicitude o pai, nai ou titor daquel. No modelo da solicitude inclúese unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas, con expresión das que foron concedidas polas distintas administracións públicas competentes.
b) Fotocopia do pasaporte español ou documento de identidade en que consten os seus datos persoais, e acreditación documental da condición de emigrante español de orixe galega do solicitante da axuda ou do seu causante, de acordo co artigo anterior.
c) Documentación que acredite a convivencia familiar, se é o caso.
d) Libro de familia, se procede. No seu defecto, achegarase documentación xustificativa do matrimonio, da unión de feito ou relación análoga e do nacemento do resto de membros da unidade familiar. As relacións maritais análogas ao matrimonio terán que acreditar que levan convivindo polo menos un ano, e tal circunstancia poderase probar por medio da inscrición no rexistro, por manifestación expresa mediante acta de notoriedade ou por calquera outro medio admisible en dereito. No caso de ter fillos en común abondará con acreditar a convivencia, segundo o establecido na Lei 2/2006 de dereito civil de Galicia.
e) No caso de separación legal ou divorcio, achegarase a correspondente sentenza xudicial firme ou certificación rexistral.
f) No suposto dos desaparecidos ou falecidos como consecuencia das ditaduras militares en Arxentina, Chile e Uruguai, achegarase ademais declaración oficial de desaparición ou falecemento e xustificante de terse producido como consecuencia da represión política realizada polas ditaduras militares en Arxentina, Chile e Uruguai.
g) Os cónxuxes ou persoa ligada por análoga relación de afectividade, ascendentes, descendentes ou colaterais ata o segundo grao, de emigrantes que padeceron condenas e sancións por motivos políticos, ideolóxicos ou de crenza, presentarán ademais a Declaración de reparación e recoñecemento persoal establecida no artigo 4 da Lei 52/2007, do 26 de decembro, expedida polo Ministerio de Xustiza.
h) Nos países en que exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar, copia da última declaración presentada do interesado e/ou os membros da unidade económica familiar. En caso de que non estivesen obrigado/s a realizala, xustificación oficial desta circunstancia e certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensión de calquera natureza que perciba o interesado e/ou os membros da unidade económica familiar, ou de non percibirse, declaración responsable do solicitante de que ningún membro da unidade económica familiar, incluído o interesado, percibe ingresos, rendas ou pensión de calquera natureza.
i) Nos países en que non exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou declaración similar, certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensión de calquera natureza que perciba o interesado e/ou os membros da unidade económica familiar, ou de non percibirse, declaración responsable do solicitante de que ningún membro da unidade económica familiar, incluído o interesado, percibe ingresos, rendas ou pensión de calquera natureza.
j) No caso de residir o solicitante nun centro asistencial ou similar, deberá presentar xustificante do custo mensual do devandito centro.
k) Certificado catastral ou documentación similar en que conste o valor patrimonial dos bens inmobles, agás a vivenda habitual, de que dispoñan os membros da unidade económica familiar. De non existir no país de residencia a posibilidade de expedición do devandito certificado catastral, abondará con presentar unha declaración responsable en que conste o valor patrimonial dos bens mobles e inmobles de que dispoñan os membros da unidade económica familiar.
l) Outros documentos xustificativos do estado de necesidade que fundamenten a solicitude de axuda, completen e faciliten a gradación do estado de necesidade.
m) Os solicitantes que fosen beneficiarios do programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2007 convocado por resolución da Secretaría Xeral de Emigración do 9 de marzo de 2007, non terán que presentar
a documentación establecida nas alíneas b), c), d), e), f) e k), sempre que presenten a declaración xurada que figura como anexo II desta resolución.
17.2. Ademais, para cada caso concreto deberán completar a documentación achegando:
17.2.1. As situacións descritas no artigo 5o e 6o, acreditaranse:
Para os casos de dependencia ou enfermidade grave: certificado medico, segundo modelo normalizado do anexo III, realizado polos servizos médicos dunha sociedade galega ou española que preste servizos na área de saúde. Cando o certificado médico anterior non poida ser expedido pola sociedade galega ou española aludida, poderá admitirse como válido un certificado médico expedido por calquera centro de saúde pública oficial (centros médicos nacionais, provinciais ou municipais) do país de residencia, preferentemente referendado pola dirección médica das ditas sociedades galegas ou españolas, naqueles lugares en que estas existan. Podería admitirse un certificado médico nun modelo distinto do anexo III, sempre que cumprise o anteriormente sinalado e del se puidesen extraer obxectivamente os mesmos datos que aparecen no modelo normalizado.
17.2.2. Para os casos de invalidez ou enfermidade permanente previstos no artigo 7o, documento oficial en que se acredite o recoñecemento da invalidez ou enfermidade permanente, emitido polo sistema público do país de residencia. Nos países en que este documento non se expedise, certificado médico segundo o modelo normalizado do anexo IV nos mesmos termos que os descritos no punto anterior.
17.2.3. Para os casos de cobertura de medicamentos e tratamento de enfermidades crónicas ou graves previstos no artigo 8o:
a) Certificado médico, segundo o modelo normalizado do anexo V, nos mesmos termos que o descrito no punto 17.2.1.
b) Xustificación dos gastos mensuais en medicamentos efectivamente aboados polo solicitante, no modelo normalizado do anexo VI consonte o indicado no punto anterior, de ser o caso, xustificación dos outros gastos mensuais efectuados no tratamento da enfermidade.
17.2.4. Para os casos de violencia de xénero do artigo 9o, acreditación de sufrir a situación de violencia de xénero mediante sentenza, orde xudicial de protección, informe do Ministerio Fiscal ou informe socioambiental, emitido por un organismo oficial.
17.2.5. Para os casos de paro xeneralizado na unidade familiar previstos no artigo 10o, xustificantes da situación de paro, con indicación de se é subsidiado ou non, do cabeza de familia e do resto dos membros que compoñen a unidade familiar e que estean nesa situación.
17.2.6. Para o caso de que se producisen no seo da unidade familiar feitos de carácter grave e excepcionais que impidan a cobertura das súas necesidades básicas do artigo 11o: Informe social ou informe de organismos oficiais, en que se acredite a situación sociofamiliar como consecuencia dos feitos producidos.
17.3. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación exixida, a Secretaría Xeral de Emigración requirirá o interesado para que, nun prazo máximo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos,
con indicación de que, se así non o fixese, se entenderá por desistido da súa petición, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992.
17.4. A falsidade ou ocultación de datos na documentación presentada para a obtención da axuda, comportará a exclusión do proceso de valoración e polo tanto, a imposibilidade de ser beneficiario das axudas establecidas nesta resolución.
Artigo 18o.-Tramitación.
18.1. O procedemento para a tramitación e concesión das axudas que se convocan por esta resolución axustarase ao previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes someteranse a un réxime de concorrencia competitiva tal como recolle a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia no seu artigo 19o.1.
18.2. Correspóndelle á Secretaría Xeral de Emigración, a realización das tarefas de xestión desta convocatoria, sempre de acordo coa existencia das dispoñibilidades orzamentarias. Para isto, crearase unha comisión de avaliación, que ademais será órgano instrutor, presidida polo subdirector xeral de Programas Sociais, ou persoa en que delegue, e composta polos
seguintes membros:
-O xefe do servizo de Acción Social.
-Un/unha funcionario/a da unidade que actuará como secretario/a.
18.3. Os expedientes serán avaliados pola comisión segundo os criterios establecidos no artigo 19o, podendo establecerse unha distribución por países.
Posteriormente a comisión elaborará unha proposta de concesión, a través da Subdirección Xeral de Programas Sociais, que lle presentará ao secretario xeral de Emigración, quen resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias.
Artigo 19o.-Criterios de valoración.
Os criterios de valoración para o outorgamento das axudas serán os que se sinalan a continuación:
19.1. Para os supostos do artigo 4o:
a) Cargas familiares na unidade económica familiar, considerándose para tal fin os menores de 24 anos ou maiores desta idade discapacitados, así como, se é o caso, o cónxuxe, parella de feito ou relación análoga, sempre que dependan economicamente do solicitante: de 1 a 4 puntos.
b) Ingresos económicos e patrimonio: de 1 a 3 puntos.
c) Idade do/a solicitante: de 1 a 2 puntos.
19.2. Para o suposto dos artigos 5o e 6o:
a) Grao de dependencia de terceiros / gravidade da enfermidade: de 1 a 4 puntos.
b) Ingresos económicos e patrimonio: de 1 a 3 puntos.
c) Idade do/a solicitante: de 1 a 2 puntos.
19.3. Para os supostos do artigo 7o:
a) Grao de autonomía: de 1 a 4 puntos.
b) Ingresos económicos e patrimonio: de 1 a 3 puntos.
c) Idade do/a solicitante: de 1 a 2 puntos.
19.4. Para o suposto do artigo 8o:
a) Gasto farmacéutico: de 1 a 4 puntos.
b) Ingresos económicos e patrimonio: de 1 a 3 puntos.
c) Idade do/a solicitante: de 1 a 2 puntos.
19.5. Para os supostos do artigo 9o:
a) Cargas familiares da solicitante, considerándose para tal fin os menores de 24 anos ou maiores desta idade discapacitados que dependan economicamente da solicitante: de 1 a 4 puntos.
b) Ingresos económicos e patrimonio dos que dispón a solicitante: de 1 a 3 puntos.
c) Idade da solicitante: de 1 a 2 puntos.
19.6. Para os supostos do artigo 10o:
a) Cargas familiares da unidade económica familiar, considerándose para tal fin os menores de 24 anos ou maiores desta idade discapacitados que dependan economicamente do/a solicitante: de 1 a 4 puntos.
b) Ingresos económicos e patrimonio dos que dispón o/a solicitante: de 1 a 3 puntos.
c) Idade do/a solicitante: de 1 a 2 puntos.
19.7. Para o suposto do artigo 11o:
a) Gravidade da situación familiar manifestada no informe oficial presentado: de 1 a 4 puntos.
b) Ingresos económicos e patrimonio de que dispón o/a solicitante: de 1 a 3 puntos.
c) Idade do/a solicitante: de 1 a 2 puntos.
Artigo 20o.-Resolución.
20.1. As resolucións seranlles notificadas aos interesados, debendo ser sempre motivadas.
20.2. O prazo máximo para resolver será de seis meses. Transcorrido o dito prazo sen que se ditasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
20.3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de 3 meses contados a partir do
día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no
prazo de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 21o.-Obrigas dos beneficiarios.
De conformidade co disposto no artigo 15.4o do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, antes do derradeiro pagamento da axuda o beneficiario presentará
unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.
Os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes aos programas convocados por esta resolución quedan obrigados a someterse aos requisitos legais e regulamentarios que prevexa a normativa xeral de aplicación ás axudas de subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar
a entidade concedente e ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
O solicitante presta o seu consentimento para incluír e facer públicos, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios e no Rexistro Público de Sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas.
Os datos referidos integrarán un ficheiro cuxo responsable será a Consellería de Economía e Facenda, ante quen se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.
Salvo os casos sinalados no artigo 9.4o do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a non autorización da obtención de datos ou a súa publicidade, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou subvención ou, se procede, ao reintegro do importe concedido.
De conformidade co artigo 13.6o da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, exceptúase da publicación na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración www.galiciaaberta.com a relación dos beneficiarios e o
importe das axudas concedidas, dado que a publicación podería ser contraria ao respecto e salvagarda da honra e intimidade persoal e familiar dos solicitantes.
Artigo 22o.-Modificación da resolución de concesión e reintegro.
22.1. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos exixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución
das accións para as que se solicitou a axuda, podendo a secretaría adoptar a resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.
22.2. Procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de mora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 23o.-Financiamento.
As axudas precisas para a realización deste programa concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 04.50.312C.480.0.-Accións política migratoria. O crédito inicialmente outorgado para esta finalidade é dun millón seiscentos mil euros (1.600.000 €). O citado importe poderá ser ampliado en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na devandita aplicación.
A concesión das axudas estará sempre condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na referida aplicación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.
Artigo 24o.-Recursos.
Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2008.
Manuel Luís Rodríguez González
Secretario xeral de Emigración
 

Ayudas campamentos 

Resolución do 1 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convoca e regula o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.
O Estatuto de autonomía de Galicia establece, no título preliminar, no seu artigo 7, o dereito das comunidades galegas de fóra de Galicia a colaborar e compartir a vida social e cultural do pobo galego.
Á Secretaria Xeral de Emigración, órgano dependente da Presidencia da Xunta de Galicia, correspóndenlle, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, as relacións coas comunidades galegas no exterior así como a programación de actividades dirixidas á promoción e difu-
sión da cultura galega e ao recoñecemento da realidade actual de Galicia no exterior.
A Secretaría Xeral de Emigración ten como un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, o desenvolvemento de actividades culturais, de accións solidarias e tempo libre dirixidas á xuventude do exterior, así como o fomento da participación dos mozos e mozas descendentes de galegos nos programas e servizos a favor da xuventude.
Para acadar esta finalidade cóntase coa colaboración da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia a través da súa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
En virtude do exposto, e no exercicio das competencias atribuídas no Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de acordo co establecido na Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade e en uso das facultades que a Secretaría Xeral de Emigración ten atribuídas, logo de informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
1. O programa ten por obxecto facilitarlle á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
Artigo 2º.-Características.
1. Actividades de campamento: convócanse 336 prazas en campamentos e albergues xuvenís situados en Galicia dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar), en dúas quendas no mes de xullo. Estas prazas distribuiranse conforme o establecido no anexo I.
O programa desenvólvese en dúas quendas diferentes con actividades tamén diferenciadas:
a) Na quenda do 1 ao 15 de xullo ten lugar a actividade Galicia: verde e azul, que busca proporcionarlles aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra; residirán os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos- en dúas instalacións: unha semana na zona de interior (no campamento xuvenil Os Chacotes, Palas de Rei (Lugo) e outra na zona de costa (no albergue xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña), permanecendo en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en cuartos compartidos, no segundo.
b) Na segunda quenda, do 16 ao 30 de xullo, teñen lugar as Rotas coñece Galicia, a través dunha actividade de campamento itinerante, residindo os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 22 anos- en tres instalacións de tipo albergue ou residencia xuvenil (en cuartos compartidos), cunha permanencia duns 5 días en cada unha delas.
As instalacións están situadas nas distintas provincias galegas: en Lugo, a residencia xuvenil Eijo Garay; en Ourense, a R.X. Florentino López Cuevillas; en Vigo (Pontevedra), a R.X. Altamar, e en Bergondo (A Coruña), o albergue xuvenil de Gandarío.
Complemento das actividades son as prácticas deportivas variadas acordes coa instalación en que se atopen residindo en cada momento (náuticas, de natureza, distintos deportes e xogos, marcha, praia, etc.).
Igualmente, prográmanse actividades culturais para o coñecemento da realidade social de Galicia (charlas, proxeccións, visitas a museos ou zonas de interese cultural, etc.).
2. Campos de traballo: convócanse 18 prazas en campos de traballo situados en distintas localidades da Comunidade Autónoma galega, de acordo co disposto no anexo II, para participantes con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, en modalidades tales como: arqueoloxía/social, ambiental e cultural-etnográfica. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.
Estas prazas distribuiranse entre todas as solicitudes admitidas, para os países mencionados no anexo I.
A Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar colaborará na execución deste programa poñendo á disposición dos beneficiarios dos campamentos e dos campos de traballo todos os servizos de aloxamento e manutención nos albergues xuvenís, campamentos e demais aloxamentos asignados, así como os medios de desprazamento dos beneficiarios dos campamentos desde o aeroporto de chegada a Galicia ata o albergue xuvenil que lles sexa asignado, no caso das actividades de campamento.
4. Os participantes procedentes de España percibirán unha axuda de custo para a viaxe a Galicia por importe máximo de douscentos vinte e cinco euros (225 €), polo gasto realizado nun medio de transporte público e sempre en clase turista. No caso excepcional de utilizar un vehículo particular a contía para indemnizar será de 0,19 euros por quilómetro, ata o máximo previsto.
De todos estes gastos os participantes deberán achegar a documentación xustificativa e farase cargo destas axudas a Secretaría Xeral de Emigración.
5. A Secretaría Xeral de Emigración tamén se fará cargo do traslado dos participantes do resto dos países, mediante o financiamento do 100% do custo dos billetes de transporte desde o seu lugar de orixe ata o aeroporto de destino en Galicia, así como os medios de desprazamento dos beneficiarios con retorno inmediato desde a instalación en que finalizan a actividade ata o aeroporto de saída. Salvo manifestación en contra dos beneficiarios, a Secretaría Xeral de Emigración farase cargo desta xestión.
6. A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo dos gastos da viaxe daquelas persoas que acompañarán os grupos procedentes daqueles países con máis de 25 participantes, propostos polas respectivas entidades colaboradoras previstas no artigo 5º.2 coa conformidade dos pais ou titores dos menores.
7. Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos e mozas seleccionados asistirán ás sesións informativas que se realicen nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ao coñecemento da realidade galega en xeral e da actividade de campamento en particular. Tamén serán informados das súas obrigas respecto do cumprimento do réxime interno dos campamentos ou albergues en que serán aloxados.
Artigo 3º.-Beneficiarios. Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que, residindo fóra de Galicia, cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade.
b) Ter nacionalidade española.
c) Atoparse vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aqueles solicitantes que teñan 18 ou máis anos.
d) Ter unha idade entre 14 e 22 anos, o 30 de xuño de 2008, para os participantes en actividades de campamento.
e) Ter unha idade entre 18 e 30 anos, o 30 de xuño de 2008, para os participantes en campos de traballo.
f) No caso dos solicitantes de actividades de campamento, non ter participado en edicións anteriores deste programa.
g) Non contar a unidade económica familiar con ingresos superiores, en renda per cápita, a 2.5 veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente, de referencia para 2008, do país de residencia do solicitante.
Artigo 4º.-Solicitudes e documentación.
1. Os solicitantes deberán presentar, no prazo indicado no artigo 5º.4, a solicitude conforme o modelo oficial que figura como anexo A desta resolución, acompañado da seguinte documentación:
a) Fotocopia do pasaporte ou DNI do solicitante.
b) Documentación acreditativa do nacemento en Galicia ou ascendencia galega ata o segundo grao de consanguinidade que inclúa documentación acreditativa do parentesco cando proceda.
c) Unha fotografía tamaño carné.
d) Certificación consular do solicitante, para acreditar a nacionalidade española e a inscrición no Rexistro de Matrícula como residentes, se estes extremos non quedan debidamente acreditados polo pasaporte.
e) Certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensión de calquera natureza que perciba o interesado e/ou membros da unidade económica familiar (ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade). No caso de imposibilidade de presentar esta documentación, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable (modelo no anexo C). Para estes efectos, entenderase por unidade económica familiar cando o beneficiario conviva con outras persoas unidas a el por matrimonio, por unión de feito, ou por lazos de parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao.
f) Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de ser apto para participar, con normalidade, en actividades recreativas e deportivas.
g) Declaración de axudas solicitadas ou concedidas por outras administracións para a mesma actividade. A obtención desta axuda é compatible con outras para o mesmo fin, sen que en ningún caso a suma das axudas obtidas supere o 100% do custo da actividade.
Os solicitantes que foron admitidos a sorteo no ano 2007 non terán que presentar a documentación das letras: a), b), d).
2. Os solicitantes deberán acompañar debidamente cuberto o anexo B desta resolución, en que debe figurar:
a) Preferencia para o regreso en función da quincena en que vai participar.
b) Autorización para viaxar sós, asinada polos pais ou titores legais, para os menores de idade.
c) Unha autorización asinada polos pais ou titores legais para os participantes menores de idade que desexen quedar coa súa familia en Galicia ao rematar a actividade.
Artigo 5º.-Lugar e prazo de presentación.
1. As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral de Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4o da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (entre os que figuran as consellerías de Traballo e Asuntos Sociais, nas seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante). Así mesmo, poderanse presentar solicitudes na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
2. Para a presentación destas solicitudes os interesados poderán utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.
Os interesados que así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se sinalan a continuación, para a presentación telemática das súas solicitudes:
* En Brasil: -Peña Galega da Casa de España (Río de Janeiro).
-Real Sociedad Española de Beneficencia (Salvador-Bahía).
-Sociedade Hispano-Brasileira de Socorros Mutuos e Instrução (São Paulo).
-Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro (Santos).
* En Uruguai:
-Unión de Sociedades Gallegas (Montevideo).
* En Venezuela:
-Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas).
A utilización desta vía requirirá unha autorización que o interesado lle outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude por vía telemática. Esa autorización farase constar no modelo de solicitude.
3. As entidades galegas remitiranlle todas as solicitudes recibidas, xunto co resto da documentación, á Secretaría Xeral de Emigración nos catro días seguintes á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Este prazo só será ampliado logo de autorización da Secretaría Xeral.
4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose sábado ou inhábil, o prazo prorrogarase ata o seguinte día hábil.
Artigo 6º.-Financiamento.
1. A Secretaría Xeral de Emigración financiará o custo deste programa con cargo á partida orzamentaria 04.50.312C.226.07.- Actuacións derivadas da Lei de galeguidade, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008. O importe total destinado a este fin será por unha contía de 449.400 euros, que poderá ser incrementado en fun- ción das dispoñibilidades orzamentarias.
Artigo 7º.-Instrución do procedemento.
1. A ordenación e instrución do procedemento correspóndelle á Subdirección Xeral de Programas Sociais.
2. Expirado o prazo de presentación de solicitudes e comprobado que as solicitudes reúnen os requisitos establecidos de conformidade co establecido nas bases anteriores, elaboraranse listas provisionais de admitidos e excluídos por países, sinalando as causas de exclusión. Estas listas serán publicadas no prazo máximo de 40 días desde o remate do prazo de pre- sentación de solicitudes, na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración (http:www.galiciaaberta.com), e tamén estarán expostas nos taboleiros de anuncios das entidades colaboradoras citadas no artigo 5º.2.
3. Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido ese prazo sen que se emenden as causas de exclusión considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
4. Transcorrido este prazo elaboraranse as listas de admitidos e excluídos que se publicarán na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración (http: www.galiciaaberta.com) e tamén estarán expostas nos taboleiros de anuncios das entidades colaboradoras citadas no artigo 5º.2.
5. Nas actividades de campamento, elaborada a relación de admitidos e excluídos, e no caso de que o número de admitidos fose superior ao de prazas convocadas, a selección final de beneficiarios re