ENTREVISTA A JUAN CARLOS PéREZ SANTIAGO, DIRECTOR DA FUNDACIóN GALICIA EMIGRACIóN

“A Fundación ten que estar por riba das contiendas políticas e partidistas”

Leva sete meses ao frente da Fundación Galicia Emigración e Juan Carlos Pérez Santiago síntese “bastante contento de haberme incorporado a este proxecto” que califica de instrumento para facer que a vida dos galegos residentes no exterior sexa mayor.
“A Fundación ten que estar por riba das contiendas políticas e partidistas”
 Pérez Santiago, nos soportales da zona vella en Santiago de Compostela.
Pérez Santiago, nos soportales da zona vella en Santiago de Compostela.

Leva sete meses ao frente da Fundación Galicia Emigración e Juan Carlos Pérez Santiago síntese “bastante contento de haberme incorporado a este proxecto” que califica de instrumento para facer que a vida dos galegos residentes no exterior sexa mayor. Dende a súa chegada, e tras os problemas políticos da súa antecesora no cargo, Pérez Santiago optou por afastar a Fundación da primera liña da batalla política e centrarse no obxectivo principal: atender aos emigrantes do exterior que estean en situación de vulnerabilidade.

Pregunta. Vostede leva sete meses ao fronte da Fundación Galicia Emigración (FGE). Qué valoración fai da situación que se atopou e o recorrido que fixo neste tempo?
Respuesta. Eu atopeime cun equipo de xente bastante disposto no traballo e con una ampla experiencia neste campo. Por outra parte, topei tamén coa nosa xente que temos fora, con xente que lle foi moi ben, que son grandes emprendedores e lles foi moi ben na vida; e con otra xente que temos en situación de vulnerabilidade e que lle estaba a votar una man á Fundación e temos que continuar a facer esa labor, incluso centrarnos principalmente en ese traballo.
P. Pode considerarse que este é o obxectivo da FGE?
R. A misión da Fundación é mellorar a calidade de vida dos emigrantes que temos fóra, sobre todo daqueles que están en situación de risco social e vulnerabilidade.
A maiores tamén temos a xente que retorna a Galicia e queremos favorecer a súa integración no ámbito socio-laboral, e a xente que quere vir a Galicia a facer o seu proxecto de vida, é dicir, aqueles inmigrantes que queren traballar con nós, aos que queremos facilitarlle a súa integración socio-laboral aquí.
A partir de ahí se abre todo o plan de actuación para este ano no que primamos precisamente temas de atención social e de inserción laboral.
P. En qué consiste este plan de actuación?
R. A Fundación ten cada ano un plan de actuación. O Padroado –composto pola Xunta e por empresas privadas– aprobaron as actuacións do plan en decembro e agora estamos a poñelo en marcha.
En concreto, estamos colaborando co Centro de Día de Buenos Aires, co Centro de Mar de Plata, co centro de día do Fogar Español de Montevideo e imos comezar a colaborar coa Sociedade de Recreio de Santiago de Río de Janeiro. Son residencias de maiores e nós colaboramos ofrecendo asistencia aos galegos que están nelas.
P. Dende a súa chegada, a Fundación pasou a un segundo plano, é un xeito de alonxala da contienda política na que estuvo metida nalgún intre?
R. Nós o que temos que facer e traballar pola nosa xente. Eu cando me incorporei mantiven una rolda de contactos cos patróns da Fundación, na que me indicaron que querían que a súa colaboración fose máis no tema social e a partir das propostas e inquedanzas de todos eles elaboróuse o plan de actuación.
Nós entendemos que a Fundación é unha ferramenta útil para axudar a xente que ten que estar por riba das contiendas políticas e partidistas. Nós temos que facer un traballo, porque o que queren os patróns é que a xente nosa, que poda estar en situación de vulnerabilidade, poda ser atendida desde a Fundación como una ferramenta auxiliar do papel que debe xogar o Estado e a Xunta de Galicia.
P. No momento no que a FGE estaba no punto de mira político o PP pedía una auditoría. Levouse a cabo o tense pensado facela?
R. Aquí fanse auditorías todos os anos. O que se encontrou a anterior directora cando chegou foi que estaba comprometido o presuposto de 2006 e no tiña marxe de maniobra para facer un plan de actuación.
P. Vostede ven de desvenvolver a súa tarefa na ONG Cruz Roja. Qué diferencias hay entre esa institución e a Fundación, una institución tamén de carácter asistencial?
R. Respecto ao traballo non hai diferencia o que sí sucede na Fundación é que temos postos os ollos dos partidos políticos para ver como facemos o noso traballo e hai que cumplir o recollido no plan de traballo. En canto o día a día, esto ten una dinámica máis propia de administración.
P. O secretario xeral comentou durante a su intervención na Comisión de Economía que a Fundación debería de buscar recursos externos para levar a cabo as súas accións. Que resultados está a dar esa búsqueda?
R. Estamos a traballar para que se incorpore unha nova empresa, xa temos un acordo verbal pero falta por concretar o acordo por escrito. Ademáis estamos en contacto con diferentes empresas para que colaboren. En uns casos costa máis porque xa teñen comprometida a súa parte de responsabilidade corporativa e noutros casos non lles encaixa nas súas estratexias sociais, pero nos estamos tocando novas empresas para que se incorporen e por outra banda, a aquelas empresas que estiveron cando arrancou a Fundación que se volvan a incorporar.
P. Como se anima a unha empresa que está aquí para que colabore con unha xente que está lonxe?
R. O primeiro que facemos é presentarnos como Fundación, mostrar o proxecto, hacer ver que hai un traballo desde hai anos e, a partir de ahí, que eles estudien a posibilidade de colaborar con nós. O primero é bombardealos con información e presentar todos os proxectos que temos en marcha.
Tamén imos mellorar o contacto coas empresas que forman parte da Fundación para que reciban cada catro ou cinco meses información sobre a situación dos proxectos para que conquiran un maior compromiso cos nosos obxectivos.
P. Considera que a crise económica da que se está a falar pode afectar a Fundación?
R. De momento non. Algunha empresa o ano pasado non quiso renovar a colaboración ben porque non lle encaixaba ben porque cambiaron de estratexia apostando por algo máis local. Só unha empresa plantexou que tiña dificultades e deixou de colaborar.
P. Cales son os principais proxectos sociosanitarios da Fundación?
R. Como apuntaba antes, colaboramos cos centros de día de Arxentina, Brasil e Uruguai nos que se atenden a maiores galegos dependentes.
Imos sacar a convocatoria de axudas en colaboración coa Deputación de A Coruña. En concreto, son axudas de emerxencia social que quedan fóra dos postulados da Secretaría Xeral de Emigración.
Como novidade imos convocar unha liña de axudas para aquelas personas que necesiten adquirir unha cadeira de rodas, unhas muletas, un andador ou un colchón antiescaras teñan colaboración dende a Fundación. Son o que chamamos axudas técnicas para as personas con movilidade reducida de xeito que podan ter colaboración para facer frente a un gasto extra.
P. O outro eixo da Fundación é a inserción socio-laboral. Que actividades desenvolven en este ámbito?
R. Nos procesos de inserción laboral, nós o que facemos dende a Fundación é capacitar laboralmente a emigrantes retornados o inmigrantes para que se poidan incorporar as demandas de emprego que hay en Galicia.
P. Desenvolven programas de formación en orixe?
R. Sí, estamos a pechar un proxecto de formación en orixe en Tecnoloxía da Información e Comunicación (TIC) para Arxentina e Uruguai.
Pero sobre todo o que nos interesa da formación socio-laboral é a formación aquí e mediar para que as empresas teñan en conta aos emigrantes que retornan e os inmigrantes. Que os teñan en conta no proceso de selección e logo xa verán se se axustan ao perfil que eles buscan ou non. Ademáis, nós preparamos aos candidatos nos nichos de emprego que se necesitan aquí.
A maiores, temos unha parte do que nós chamamos Galicia en Rede, Gaer, na que conxuntamente co Igape estamos a crear a rede de empresarios galegos no exterior. A nosa labor é fomentar que existan asociacións. Fixemos un traballo bastante grande coa anterior directora e a nosa labor agora é darlles cobertura e por eso colaboramos en iniciativas de información para emprendedores como xa fixemos no mes de decembro en Arxentina e Venezuela. O obxectivo é que xente que quera montar un proxecto emprendedor en Arxentina o Galicia poda formarse primeiro nas bases que poda ter ese proxecto emprendedor e o mesmo tempo ofrecerlles consultoría para chequear se o proxecto emprendedor ten sentido ou non, tanto en Galicia como en Arxentina e logo xa se verá se ten éxito ou non.
En resumo, temos a parte de capacitación e a parte de consultoría, xa que vimos que a xente ten un proxecto para o retorno e cando ven para Galicia, mentras o concreta, ten que gastar os aforros que tiña previstos para montar o proxecto. Incluso temos casos de xente que pediu axudas a Fundación para retornar ao país de acollida.
Nós queremos continuar en este senso e incluso con algunha asociación como a da Asociación de Empresarios en Uruguai montamos un curso de posgrado no tema de finanzas, en colaboración co Concello de A Coruña.
Algunha asociación está pedíndonos colaboración para montar un encontro con empresarios galegos no país onde están para que se impliquen dende outras provincias non só dende a capital.
P. A Fundación xa fixera un encontro nesta línea.
R. Sí, o de Montevideo pero era a nivel de Latinoamérica e agora dende algunhas asociacións, en concreto, desde a Asociación de Empresarios Galegos en Arxentina (AEGA) nos están a pedir que colaboremos en montar un encontro de empresarios galegos en Arxentina, onde teñan unha ampla participación os das provincias para que non se quede sempre na capital. Polo de agora falta que nos envíen o proxecto para poder concretalo e poñer as datas.
P. Como valora a Fundación o recente Encontro de Empresarios Galegos en rede?
R. Nós colabaramos co Igape en este Encontro porque consideramos que era unha boa oportunidade para que se coñecesen os empresarios galegos que viven aquí e os que viven fóra. Era unha oportunidade de coñecerse, de ver oportunidades de negocio en outros países e de intercambio.
A nosa función, sobre todo, foi facer a conexión coas entidades de empresarios que están fóra.
P. Que lle transmiten os empresarios cando volven a estar con eles tras o Encontro?
R. Acabo de estar agora en Arxentina e Brasil e tiven a oportunidade de falar cos empresarios de Río que participaron no Encontro e están contentos porque para eles é unha oportunidade grande de darse a coñecer eles e de ir coñecendo empresarios de acá e xerouse un clima de confianza.
O noso traballo é fomentar o asociacionismo e a participación sobre todo de cara a encontro do 2009 que, polo momento, non se sabe onde vai ser porque hai que estudar onde é máis operativo. Dende logo, no 2009 haberá outro Encontro que volverá a capitanear o Igape como é lóxico, e nós colaboraremos na parte de fomentar que a xente participe no encontro.
P. Que outras actividades desenvolve a Fundación?
R. Temos una Oficina de Asesoramento as Migracións, tanto para emigrantes, retornados o inmigrantes, aquí en Santiago aínda que se poden facer consultas telefónicas o a través da web.
Para este ano imos lanzar una campaña de sensibilización social. Nós entendemos que, aínda que en Galicia non hai ningún problema de racismo e xenofobia, debemos sementar e lanzar mensaxes de valores de convivencia, respeto, tolerancia e igualdade e dende a Fundación queremos facer bandeira de esto e facer unha campaña dirixida aos xóvenes galegos.
P. Cal é a liña da Fundación no ámbito cultural?
R. Temos un par de accións cos temas da difusión cultural galega que aínda non concretamos. Queremos traballar algo en ese campo pero estamos a concretar coa Secretaría Xeral de Emigración onde podemos votar unha man, sobre todo con patrimonio galego no exterior.
Tamén estamos a facer un estudio que arrancou en decembro do ano pasado sobre as migracións, sobre todo a nivel de mercado de traballo galego. O estudio é en colaboración coa Universidade de Santiago e esperamos culminalo a mitade de ano.
P. Que semellanzas e diferencias atopa entre os colectivos de diferentes países?
R. En xeral vexo máis semellanzas que diferencias. O que atopei no exterior foi xente moi comprometida con Galicia a nivel cultural, sempre piden información sobre a realidade galega; e comprometida coa colectividade no país, é dicir coa xente que o pode estar pasando mal, xerando novas institucións ou novos proxectos como poden ser os centros de día, o centro social de mayores de Río. Sempre buscando, en base as problemáticas que poida haber, a solidaridade, porque atopei un compoñente solidario entre a nosa xente moi elevado en todos os países.
P. Hacia Europa a Fundación non ten proxectos?
R. Orixinariamente a Fundación nace pola crise de Arxentina e Uruguai e esa é a nosa prioridade. A maiores, queremos lanzar temas de asociacionismo empresarial en Europa. Estamos facendo os primeiros contactos cos empresarios que están en Suiza.