O MATERIAL FOI DOADO POLO ESCRITOR E ARTICULISTA XURXO MARTIZ

A Fundación Curros Enríquez recibe documentos sobre o comandante Soutomaior

O pasado 30 de marzo tivo lugar na Casa dos Poetas en Celanova o acto de doazón por parte de Xurxo Martiz Crespo da documentación que acompañou a exposición sobre o comandante Soutomaior e o secuestro do buque Santa María en 1961 polo DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación).
A Fundación Curros Enríquez recibe documentos sobre o comandante Soutomaior
 O escritor Xurxo Martiz traballando no seu despacho.
O escritor Xurxo Martiz traballando no seu despacho.
O pasado 30 de marzo tivo lugar na Casa dos Poetas en Celanova o acto de doazón por parte de Xurxo Martiz Crespo da documentación que acompañou a exposición sobre o comandante Soutomaior e o secuestro do buque Santa María en 1961 polo DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) e que estivo exposta durante 2011 na Casa dos Poetas en Celanova, en conmemoración do 50º aniversario do acontemecemento.
A doazón consta de varios exemplares de revistas e xornais da época (‘Paris Match’, ‘Elite’, ‘Momento’ ou ‘Blanco y negro’) que dedican algunha das súas páxinas ao tema do secuestro, un exemplar mecanografado da autoría do comandante Soutomaior; a carta náutica orixinal do traxecto do Santa María con anotacións do comandante Soutomaior; diversas fotografías onde aparecen os principais autores do secuestro: Soutomaior, Xosé Velo Mosquera ou Henrique Galvão; unha carta manuscrita de Pepe Velo baixo o pseudónimo de ‘Junqueira de Ambía Velo’; unha copia da declaración de principios do Consello executivo Xeral do DRIL e varias publicacións que recollen narracións dos feitos como ‘Alô, alô... Santa María chamando!’, de Hernán Muñoz Garrido, ‘O assalto ao Santa María’, de Henrique Galvão, ou ‘Yo robé el Santa María’, de J. Sotomayor.