O PPDEG RESéRVASE O DEREITO A ACUDIR AOS TRIBUNALES POLAS CALUMNIAS
O PPdeG insta ao secretario de Organización do PSdeG a que retire inmediatamente as calumnias de entrega dun cheque polo presidente do PPdeG
O Partido Popular de Galicia emitiu un comunicado en resposta as declaracións de Ricardo Varela, secretario de Organización do PSdeG-PSOE.
"O Partido Popular de Galicia, ante as inxurias do Partido Socialista ao seu Presidente na sua viaxe a México quere facer públicas as seguintes puntualizacións:
1-. O Presidente do PPdeG non entregou un só papel ao Centro Galego de México
2-. É falso que o Presidente do Partido Popular de Galicia entregara ningún cheque ao Centro galego en México e é falso que fixera algunha manifestación sobre a entrega dun cheque da Deputación de Pontevedra, en ningún acto público nin privado durante a súa viaxe en México.
3-. O Centro Galego de México é unha institución pública que recibe subvencións e axudas da Xunta de Galicia, da Deputación ce Pontevedra e doutros organismos públicos.
4-. Ao Presidente do Centro Galego en México lle foi entregado, en ningún caso por Núñez Feijóo, un documento co único obxectivo de acreditar unha subvención xa adxudicada pola Deputación de Pontevedra, o pasado 31 de decembro, para evitar o risco de perda dun documento público de contido económico
5-. O PPdeG lamenta o nerviosismo dos socialistas galegos ante a presentación no Xulgado de Santiago dunha denuncia sobre a autovía do Barbanza, ante a negativa, en tres ocasións, dos Grupos Parlamentarios que sustentan o goberno dunha Comisión de Investigación sobre a contratación cun sobreprecio de 30 millóns de euros de dita autovía.
6-. O PPdeG resérvase o dereito a acudir aos tribunais polas calumnias e inxurias do conselleiro de Traballo e secretario de Organización do PSdeG-PSOE".