Numerosas persoas asistiron á tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro

O Parque de Can Mercader volveu a lucir o seu esplendor na ‘Festa’ da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà

Un ano máis, a popular Festa Galega que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, polo Corpus, ‘Festa Maior’ de Cornellà, volveu a recoller éxitos espectaculares. Tanto no tocante á participación cidadá que lle deu vida, coa súa masiva presenza, no mítico Parque de Can Mercader, como no apoio institucional por parte do Concello de Cornellà, co seu alcalde, Antonio Balmón, así como toda a corporación municipal, e tamén doutras autoridades, entre elas o expresidente da Generalitat, e presidente de honra da entidade organizadora, José Montilla, e demais institucións de Catalunya.

O Parque de Can Mercader volveu a lucir o seu esplendor na ‘Festa’ da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà
6 gm
Numerosas personas se dieron cita en el espectáculo nocturno.

O Parque de Can Mercader volveu a lucir o seu esplendor e cumpriu coa expectativa prevista pola entidade organizadora. Así, durante os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño, milleiros de galegos e non galegos asistiron aos diferentes actos programados, facendo que esta Festa Galega siga sendo unha cita destacada dentro dos actos programados en Cornellà, co gallo da súa ‘Festa Maior’ e tamén como acto conmemorativo dos 44 anos de andadura de entidade galega de Cornellá.

Noite celta

 Os actos comezaron o venres pola noite, coa celebración dunha cea de confraternidade na que se homenaxeou aos socios que este ano cumpriron 25 anos na entidade: Manuel Díaz, Edelmira Sánchez, Ramón Lage, Carmen Linares e Manuel Rodríguez, que deu paso á noite celta, un concerto musical coas actuacións de ‘As Rosaleiras’, un grupo de pandereteiras e cantareiras, mozas da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro que levan desde cativas no seu grupo de Danza e Música e que desde hai uns anos están a traballar na recolleita e interpretación de pezas tradicionais da música celta e o folclore galego, un brillante e talentoso traballo que amosaron na súa actuación coa que se inaugurou unha das Festas Galegas máis espectaculares celebradas fóra de Galicia e coas que deron paso no escenario ao concerto do afamado gaiteiro asturiano Hevia, quen tivo unha espectacular acollida xa que o numerosa público encheu a recinto da festa.

Unha noite celta de concertos en Cornellà, celebrada nun escenario espectacular como é o Parque de Can Mercader, e coa multitude que a arroupou coa súa presenza e o goce da súas actuacións, que coido lle deixaron un bo recordo a tódolos asistentes.

Ofrenda a Rosalía

O sábado pola mañá, numerosas persoas asistiron á tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro, un acontecemento que anualmente realiza a entidade, nun emotivo acto no que o alcalde de Cornellà, Antonio Balmón Arevalo, xunto co presidente da Asociación, Oliver Fernández Expósito, presidiron, depositando o tapiz de flores, representando a Galicia e Catalunya, diante da escultura de Rosalía de Castro, que preside un espazo destacado no Parque Can Mercader.

Ao acto asistiron outras autoridades como os portavoces do grupos municipais de Cornellà, ademais da corporación municipal, un representante do Goberno da Generalitat de Catalunya e diversas entidades socioculturais de Cornellà, e do resto de entidades galegas en Catalunya, os partidos políticos con presenza na cidade, depositando cada un deles o seu correspondente ramallo de flores no monólito de Rosalía de Castro, que convive cos visitantes e moradores deste fermoso Parque desde o ano 1990. 

Asemade, socios e amigos, entidades e institucións públicas renderon unha sentida homenaxe á musa das nosas letras, ó son dos himnos catalán e galego, interpretados pola Banda de Gaitas Rosalía de Castro,  xunto cos grupos: Agarimos de Badalona, Xaranga Sarau de Cornellà e a banda de gaitas de Gijón, que se desprazou a Cornellà desde Asturias, como convidada de honra, este ano, froito dos intercambios culturais e musicais que A.C.G. Rosalía de Castro fai ao longo de cada ano a diversos localidades de Galicia e outras comunidades do Estado.

Pola tarde, despois do tradicional xantar campestre ao que asistiron unhas duascentas persoas, socios e amigos da entidade, representantes municipais e da vida asociativa de Cornellà, e o presidente de honra da entidade organizadora, e representantes da práctica totalidade de entidades galegas en Catalunya, o recinto da festa adornouse coas actuacións dos seguintes grupos: grupo de baile e banda da entidade Rosalía de Castro, nas súas diversas modalidades; Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma; Extremeños de San Isidro Labrador; AC Amigos da Gaita Toxos e Xestas de Barcelona e a banda de gaitas Ciudad de Gijón.

Pola tarde noite, o numeroso público desfrutou co espectáculo e música da orquestra más antiga de España, que este ano cumpre os 105 anos, como é a afamada Ooquestra Compostela (A Coruña), cun intermedio as 11 de noite no que houbo o espectacular castelo de fogos artificiais.

O domingo pola mañá houbo as actuacións dos grupos: Grupo Peruano Illamani da Asociación Cornellà Cornegga per les dones; Irmandade Galega de Rubí e Casa Galega de Hospitalet de Llobregat.

Pola tarde actuaron o grupo de baile e banda da entidad, Bastoners de Cornellà, e Rosalía de Castro de Cornellà, seguido da Orquestra Compostela. Finalizou a festa coa tradicional e popular queimada galega ofrecida pola entidade organizadora.

A destacar a posibilidade de que os asistentes tamén puideron ollar exposicións de libros, pinturas, música, etcétera, así como informacións diversas sobre turismo de Galicia, o Camiño de Santiago, e todo tipo de produtos da gastronomía galega.