HOUBO ACTUACIóNS DE DANZA E MúSICA

Mollet celebra a Festa das Nacionalidades, organizada pola Irmandade A Nosa Galiza

Organizada pola entidade galega Irmandade A Nosa Galiza, que preside Isabel Ares, tivo lugar a celebración da XXIX Festa das Nacionalidades e Comunidades Autónomas en Mollet del Vallès (Barcelona) durante a cal se desenvolveron numerosas actuacións de danza e música galegas.
Mollet celebra a Festa das Nacionalidades, organizada pola Irmandade A Nosa Galiza
Organizada pola entidade galega Irmandade A Nosa Galiza, que preside Isabel Ares, tivo lugar a celebración da XXIX Festa das Nacionalidades e Comunidades Autónomas en Mollet del Vallès (Barcelona) durante a cal se desenvolveron numerosas actuacións de danza e música galegas, así como de outras Comunidades Autonómicas, ao mesmo tempo que se presentaba a revista da festa que neste número mudou de portada despois de varias décadas cá mesma; así como o interior que, da man do historiador Manoel Carrete, presenta un abondoso temario cultural.
Nos actos festivos participaron as entidades A.C. Rosalía de Castro de Cornellà, A.C. Agarimos de Badalona, Centro Galego de Barcelona, Toxos e Xestas, Cova da Serpe, Centro Cultural Andaluz de Mollet, Esbart Dansaire de Mollet... entre doutros. De Galicia trouxeron o grupo ‘Os Esfolladores de Illobre’ que amenizou a festa o sábado e domingo.
Asistiu gran cantidade de xente galega e catalá que podía xantar e cear no restaurante da festa que ofertaba produtos típicos de Galicia, así coma aqueles que estiveran interesados en mercar para levar tamén o podían facer. Houbo momentos nos que o Parque de Can Mulà quedou pequeno cá xente alí congregada, agas nos momentos de choiva que o sábado case que fai sospender os actos.
O último día da festa realizouse un xantar de irmandade no Parque de Can Mulà, ao que asistiron unhas duascentas persoas, socios e varios presidentes e directivos de entidades galegas en Cataluña; así coma autoridades do concello de Mollet, e representantes da Generalitat de Catalunya e da Xunta de Galicia, enviado en representación da Secretaría Xeral de Emigración.