“Iso de que o voto en urna para o exterior non é posible é máis que discutible”
Pregunta. Pensa que o caso da suposta axente electoral vai influir nos votantes do exterior nas vindeiras eleccións autonómicas?
Resposta. Non, penso que o voto exterior o que vai facer, se non chegamos a tempo para que se modifique a lei electoral, é confirmar o que nós dixemos. No ano 2004, o PP tivo o 65% do voto exterior; en 2008, nas xerais, invértense os porcentaxes, o 65% quen o obtén é o PSOE. Ricardo Varela dixo nun debate na televisión o luns despóis desas eleccións –por certo, xa antes de facerse o escrutinio do voto exterior clavou o resultado, cousa curiosa!– que ese gran apoio que o PSOE tiña na emigración debíase a que os emigrantes entendían moi ben o proxecto socialista.
Que vai suceder se non cambiamos a lei?, pois, que o voto exterior vai favorecer sempre a quen goberna, sempre nesos mesmos porcentaxes. Iso é porque os emigrantes voten dunha determinada maneira? Non, iso é porque temos un sistema que –recollo as palabras de Marisol Soneira– non só permite que voten unhas persoas por outras, senón que permite que se compren sacas con miles de votos nas oficinas postais de certos países.
P. Se semella difícil que a Lei Electoral vaia estar reformada no caso de que as eleccións se celebren en xuño próximo, canto máis se se acorda un adianto electoral? O Goberno central fala de voto por internet ante a imposibilidade de facelo en urna. Que opinan vostedes?
R. Iso de que o voto en urna non pode ser e pode ser electrónico é máis que discutible, porque pode haber unha única urna, non ten porque haber 52, e cada un mete un sobre na urna e cada sobre se identifica para que circunscripción vai o voto, é tan complicado iso? Eu non son experto en procedementos electorais, pero penso que non é tan complicado. O que hai é falta de vontade política. Se hai vontade, pode producirse esa reforma antes das eleccións autonómicas polo compromiso de Touriño cos emigrantes, e nós imos traballar para que se modifique tamén a Lei de Eleccións ao Parlamento de Galicia. Ese é un compromiso do actual Goberno.