A Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallés realiza a ofrenda floral ao busto de Rosalía de Castro na cidade
O pasado sábado 24, como é habitual cada ano, dende a entidade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet realizouse a ofrenda floral ao busto de Rosalía de Castro na praza de Padrón de Mollet del Vallés; no día do nacemento da poeta galaica.

Na ofrenda floral participaron as entidades que compoñen Casas de Galicia de Barcelona e Provincia e da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña, así como outras entidades municipais como o Centro Andaluz, etc.
O acto consistiu nunha ofrenda floral ao busto da insigne autora, así como a lectura de poemas e música galega a cargo da entidade organizadora. Asistiron membros da corporación local encabezados pola súa alcaldesa e así mesmo o deputado do Parlament de Catalunya, Mario García.
Despois da ofrenda, os convidados e veciños de Mollet se achegaron a entidade na rúa Castelao, degustando produtos galegos e ofreceron unha cunca de caldo gloria en homenaxe a Rosalía.