CO OBXECTIVO DE MANTER VIVOS OS COSTUMES
A Irmandade Galega de Rubí celebrou a tradicional ‘Festa da Matanza do Porco’
Nas entidades galegas afincadas en Cataluña, entre as actividades coas que configuran os seus programas, as festas ou celebracións populares e tradicións ocupan un espazo destacado, como actos que se enmarcan no eido do que se considera a conservación das nosas tradicións.

Nas entidades galegas afincadas en Cataluña, entre as actividades coas que configuran os seus programas, as festas ou celebracións populares e tradicións ocupan un espazo destacado, como actos que se enmarcan no eido do que se considera a conservación das nosas tradicións. Sobre todo, os socios máis maiores teñen este cometido moi presente, e do xeito máis adecuado posible intentan facer honor a esos costumes e manter viva a chama dunha Galicia labrega tradicionalmente marcada na subsistencia, dentro do que foi o mundo rural, e transmitirlle ese legado á mocidade, aínda que tan só sexa para que así coñezan mellor a Galicia auténtica.
Estas cousas téñenas moi presentes os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), coa súa presidenta Silvia Castañeda á cabeza, tódolos socios e amigos da entidade, participan activamente nestas celebracións, neste caso da Matanza do Porco. A ‘Festa da Matanza’ de Rubí é xa un dos eventos máis significativos que se organizan no parque de Can Oriol da vila, que os galegos de Rubí organizan, como se dunha familia se tratase.
Segundo marca a tradición galega, dedican unha semana á Matanza despois de sacrificar o porco nun matadoiro, xa que iso de facelo no cortello polo menos aquí en Cataluña non se permite, as cousas hai que facelas con tódalas garantías sanitarias.
Festa á antigua usanza
A celebración festiva si que a fan á antiga usanza, elaborando os produtos por eles mesmos, un día para as filloas, outro para os roxóns e rematando, este ano o domingo 8 de marzo, coa degustación das viandas ao aire libre.
Neste senso, os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona) cada ano festexan con gran agarimo a ‘Matalota’ coa idea de que esta tradición non se perda, á que asistiron diversas personalidades, entre os que se atopaba a alcaldesa de Rubí, Carmen García, así como presidentes e representacións doutras entidades galegas de Cataluña. Ao parque Can Oriol acoden desde a alcaldesa ata calquera socio doutra entidade galega de Cataluña, ou mesmo un veciño da vila.
Churrasco, cachola, chourizos, filloas e cachelos, por suposto galegos, e unha cunca de viño fan as delicias de calquera que guste desta festa. Son moitos os que circulan polo devandito parque, ademais de participar do xantar institucional ó que este ano asistiron ó redor de medio millar de persoas, socios e amigos da entidade, que degustaron estes manxares cociñados con moito agarimo polos compoñentes de entidade galega de Rubí.