A Irmandade Galega de Rubí celebrou a súa tradicional Festa da Matanza
Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron, el pasado fin de semana, a tradicional Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios e amigos da entidade participan activamente, desde os comezos da entidade hai máis de tres décadas.

Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron, el pasado fin de semana, a tradicional Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios e amigos da entidade participan activamente, desde os comezos da entidade hai máis de tres décadas.
O evento tivo lugar nun dos parques máis significativos da cidade, ‘Can Oriol’, segundo marca a tradición galega e como se dunha familia se tratase. Os organizadores dedican unha semana á esta festa popular arraigada na entidade galega desde a súa fundación, unha celebración festiva que fan á antiga usanza, elaborando os productos por eles mesmos, un día para as filloas, outro para os roxóns e rematando o domingo coa a degustación das viandas ao aire libre a modo de xantar popular que comparten con amigos da entidade e mesmo veciños da cidade de Rubí.
Ó Parque ‘Can Oriol’ acudiron desde a alcaldesa da cidade, Ana María Martínez, ata calquera socio doutra entidade galega de Cataluña. Churrasco, cachola, chourizos, filloas e cachelos, por suposto galegos, e unha cunca de viño fan as delicias de calquera que guste desta festa, e son moitos os que circulan polo devandito parque, ademais do xantar institucional, ó que este ano asistiron ó redor de trescentas persoas, e no que atopamos unha ampla representación das institucións municipais, representantes da maioría de entidades galegas en Catalunya e diversas personalidades, os directivo da Irmandade Galega, socios e amigos da entidade, así como das diversas Casas Rexionais de Rubí, saboreando os ricos manxares, cociñados con moito agarimo polos compoñentes da entidade galega de Rubí e rematando a festa cunha popular queimada galega.