Inaugurada unha exposición de Maite Vázquez sobre o Camiño de Santiago en Santa Coloma de Gramanet
O venres 1 de outubro tivo lugar a inauguración da exposición sobre o Camiño de Santiago organizada pola artista ourensá Maite Vázquez e Casas de Galicia en Barcelona no Teatro Segarra de Santa Coloma, preludio do concerto de Amancio Prada ao que a Fegalcat e Airiños da Nosa Galicia convidaron a máis de cen persoas entre socios e amigos.

A exposición foi realizada en exclusiva pola pintora de Castro Caldelas para Casas de Galicia en Barcelona e consta de dez cadros nos que se mostran diferentes estampas do Camiño Francés, desde a subida ao Cebreiro pasando por Triacastela ,Mosteiro de Samos, Portomarin, Palas de Rei, Arzúa e tres imaxes de Santiago.
Na inauguración estivo o presidente de Fegalcat, Domingo Balboa; a tenente de alcaldesa, Petri Jiménez; o cantautor Amancio Prada; a poeta e escritora Eva Veiga; o pintor e escultor Alfonso Costa Beiro; e por ‘Airiños’ os vicepresidentes Carlos Río e Suso López e o presidente, Xosé Canosa.
‘Airiños da Nosa Galicia’ fixolle entrega a Eva Veiga de dous obsequios, unha caricatura de Siro López e unha cerámica de Terra Branca.
A Fegalcat colaborou coa revista ‘Caravansari’ nas ‘IV jornadas de poesia en llengües peninsulars’, na que actua Amancio Prada.