A Federación de Entidades Culturais de Catalunya celebrou o acto das Letras Galegas no Palau de Pedralbes
A FEGALCAT (Federación de Entidades Culturais de Catalunya) levou a cabo un fermoso acto de galeguidade no histórico Palau de Pedralbes na Diagonal Barcelona o pasado venres 17 de maio.

A FEGALCAT (Federación de Entidades Culturais de Catalunya) levou a cabo un fermoso acto de galeguidade no histórico Palau de Pedralbes na Diagonal Barcelona o pasado venres 17 de maio.
Este ano, por motivos varios, a FEGALCAT cambiou de localización para a realización das Letras Galegas xa que como viña sendo habitual dende a súa fundación realizábanse no Saló de Cent ou no Saló de Cròniques del Ajuntament de Barcelona, pero este ano decantáronse polo Palau de Pedralbes que rixe a Generalitat de Catalunya e que non é estrano para os galegos xa que nesta residencia rexia espuxera o pintor Prego de Oliver.
O acto estaba dividido en dúas partes, consistentes nunha conferencia impartida polo doutor Juan Alonso Girgado, en torno a figura de Antonio Fraguas, e outra parte musical impartida polo excompoñente do grupo Petapouco, Alfredo González Vilela, e pola banda de gaitas da Escola de gaitas e danzas Toxos e Xestas.
Varios centos de persoas ateigaban as estancias do pazo mentras o doutor Girgado disertaba sobre o homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG), acompañado en todo momento polo presidente da FEGALCAT, Domingo Balboa, e Mª Àngels Torras Ripoll, directora del departament de cultura dos servizos territoriais de Barcelona da Generalitat; así mesmo podese destacar a presencia dos presidentes da maioría das entidades galegas en Catalunya e a do asesor de emigración da Deputación de Ourense, Manoel Carrete.
Non temos que esquecer a figura do presentador, Toni Cotado, que dirixiu en todo o momento a celebración como ven sendo habitual dende fai varias décadas e recibindo as felicitacións dos asistentes.