Tamén celebráronse actos en Mollet e na Llagosta

O Concello de Barcelona acolleu en Barcelona o acto de celebración das Letras Galegas de Fegalcat e Casas de Galicia

O Concello de Barcelona acolleu, no Salò de Cròniques, o pasado sábado 18 de maio, o acto de celebración das Letras Galegas organizado pola Fegalcat, Casas de Galicia de Barcelona e o propio Concello.

O Concello de Barcelona acolleu en Barcelona o acto de celebración das Letras Galegas de Fegalcat e Casas de Galicia
PRESENTACIÓN LIBRO
A Irmandade A Nosa Galiza de Mollet acolleu a presentación do libro 'Retratos da emigración galega a Cataluña'.

Asistiron todas as entidades que integran a Federación, así como outras entidades galegas de Barcelona e da provincia, así como outras casas comarcais e socios. O Día das Letras Galegas de Barcelona contou con dous actos, compostos por unha conferencia e presentación do libro ‘Retratos da emigración galega en Cataluña’.                                            

O primeiro acto, dirixido polo pregoeiro Toni Cotado, foi iniciado pola banda de gaitas ‘Toxos e Xestas’ de Barcelona, que deu a benvida aos asistentes na entrada do edificio Sant Jaume. Os presidentes das entidades foron recibidos no Salón Carlos III pola comisaria Sara Belbeida, a concelleira Marta Villanueva e o deputado Mario García, onde mantiveron unha breve charla sobre a situación das entidades. Despois acudiron ao Salò de Cròniques onde comezou unha conferencia sobre a vida e obra de Luísa Villalta, impartida por Xoana Lara licenciada en Filoloxía Inglesa, e presidida pola concelleira Marta Villanueva, onde participaron as pandereteiras de ‘A.C.G.Cova da Serpe’ e a banda de gaitas de ‘Toxos e Xestas’, que pechou o acto interpretando os himnos catalán e galego.

Posteriormente, na Casa dels Entremessos celebrouse a presentación do libro ‘Retratos da emigración galega en Cataluña’, de Manoel Carrete. Este acto estivo presidido pola comisaria de Relacións Cidadás e Diversidade Cultural e Relixiosa, Sara Belbeida. Ambos os actos encheronse de público e moitos dos asistentes non puideron entrar no espazo por exceder o aforo.

Evento en Mollet                                                                                                                                     

O domingo 19 celebráronse no concello de Mollet as Letras Galegas, a cargo da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet, comezando todo coa izada da bandeira galega na praza do Concello e interpretando os himnos galego e catalán a cargo da banda de gaitas da entidade. Posteriormente, os actos trasladáronse á súa sede, na rúa Castelao nº 2, onde se celebrou unha conferencia sobre a homenaxeada deste ano e posteriormente a presentación do libro ‘Retratos da emigración galega en Cataluña’, que se repartiu gratuitamente entre os asistentes. Para concluír os actos, a banda de gaitas interpretou varias pezas de música tradicional dirixidas polo seu mestre, José Manuel Castro.

Evento na Llagosta                                                                                                                                       

O venres 24, continuando no marco da celebración das Letras Galegas, tivo lugar na sede da entidade Alborada da Llagosta a conferencia sobre as Letras Galegas e a presentación do libro ‘Retratos da emigración galega en Cataluña’, a cargo de Manoel Carrete, na que participaron a concelleira de cultura, presidentes de entidades galegas, presidentes doutras entidades da cidade e asociados.