Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá fixo unha homenaxe á muller traballadora
O sábado 10 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) que preside Oliver Fernández Expósito, coa celebración dunha conferencia baixo o título ‘A muller na poesía, desde a perspectiva da tradución’, a cargo da escritora Tamara Andrés Padín.

O sábado 10 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) que preside Oliver Fernández Expósito, coa celebración dunha conferencia baixo o título ‘A muller na poesía, desde a perspectiva da tradución’, a cargo da escritora Tamara Andrés Padín.
Unha fermosa tarde a que ofreceu Tamara Andrés, despois da lectura por parte de dúas mozas do grupo de danza da Asociación, dun manifesto polo día da muller traballadora. A conferenciante deleitou cunha charla sobre poesía, e a súa tradución, desde a perspectiva da muller galega, amosando ao público asistente unha realidade acontecida desde sempre, como foi, e aínda segue sendo, o ocultamento da muller galega no mundo literario, e no oficio da tradución, pondo exemplos demostrables, desde Rosalía de Castro, de quen destacou a súa labor como tradutora, o que ninguén destacou nos diferentes estudos e publicación sobre ela que se fixeron, ata hoxe, lembrando a figuras da nosa literatura como María Xosé Queizan e mesmo a María Victoria Moreno á que se lle dedican as Letras Galegas este ano.
Finalizou con dous relatos destacados da súa magnífica lección literaria: ‘O feminismo é perspectiva común das tradutoras galegas de poesía desde o Romanticismo ata a actualidade, desde Rosalía de Castro ata Marilar Aleixander. A tradución poética en mans de mulleres sitúase alén da tradución verbum pro verbo. Adquire diversas vertentes para compensar, renovar, modernizar e actualizar o canon poético ortodoxo, patriarcal”.
Á conferencia de Tamara Andrés asistiu o alcalde de Cornellá, Antonio Balmón, xunto ca tenente de alcalde, Montserrat Pérez, e o rexedor Enrique Vanacloy, representantes do ‘Consell Municipal de la Dona’, así como representantes doutras entidades da cidade de Cornellá, e numerosos socios e amigos da entidade que encheron a sala de actos da mesma. O alcalde, despois de felicitar á conferenciante pola súa charla e agradecer tanto ao público como a Asociación Rosalía de Castro pola organización deste acto, así como pala súa incansable labor que fai na cidade, concluíu reivindicando “que non agardemos ata o ano que ven” xa que segundo él “en todas as esferas hai espazo” para defender a igualdade, para rexeitar o machismo, aínda instalado hoxe na sociedade.
E para rematar o acto, as mulleres da Asociación convidaron aos asistentes a unha degustación de produtos típicos da cociña e repostería galegas elaboradas por elas mesmas, unha tradición que veñen facendo desde os primeiros anos de andadura de entidade, nesta día tan especial, aínda que a participación das mulleres nas actividades da entidade é transversal xa que participan activamente e cada un dos actos que durante o ano se levan a termo.
As notas musicais que merecen un acto coma este puxéronas compoñentes do grupo de gaitas e cantareiras da Asociación.