Amarelo de Castro, homenaxeado pola A.C.G. Saudade de Barcelona
O pasado mes de novembro, o que fora secretario xeral de Emigración, Fernando Amarelo de Castro, visitou a ACG Saudade de Barcelona convidado polo seu presidente, Ernesto Lagarón Vidal, así como a Fundación Galicia Universal.

O pasado mes de novembro, o que fora secretario xeral de Emigración, Fernando Amarelo de Castro, visitou a ACG Saudade de Barcelona convidado polo seu presidente, Ernesto Lagarón Vidal, así como a Fundación Galicia Universal. Arropado por máis de douscentos galegos, directivos é socios das entidades que integran a Fundación, impartiu unha conferencia sobre emigración, compartindo cos asistentes a súa experiencia como secretario xeral por más dunha década.
Contou algunhas das moitas anécdotas que viviu nas longas e produtivas viaxes durante estes anos, nos que chegou a percorrer case cinco millóns de quilómetros visitando máis de trescentos centros galegos repartidos por todo o mundo. A súa experiencia é dedicación permitíronlle levar a cabo una eficiente tarefa no mundo da emigración, sendo o impulsor da Lei de Galeguidade.
O acto, como se dixo, tivo lugar nas dependencias da Agrupación Cultural Galega Saudade, na que tamén se celebraba a súa festa anual da empanada.
Amarelo foi condecorado coa insignia de oruo da ACG Saudade e cun agasallo por parte da Fundación Galicia Universal en recoñecemento ó seu labor.