‘Airiños da Nosa Galicia’ de Santa Coloma organiza varios actos polo 200 aniversario de Concepción Arenal
Baixo a organización de ‘Airiños da Nosa Galicia’ de Santa Coloma, e coa colaboración da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, deu comezo unha serie de actos con motivo do 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal. O acto tivo lugar no edificio de Aura Seguros, cunha gran asistencia de público.

Nestes actos tamén colaboran a Xunta de Galicia, a Generalitat de Cataluña, a Diputación de Barcelona e o Concello de Santa Coloma de Gramanet.
O acto inaugural correu a cargo de Esperanza Piñeiro de San Miguel coa conferencia ‘O longo camiño cara á igualdade: vixencia de Concepción Arenal’. A conferenciante fixo un percorrido pola vida de Concepción Arenal, desde o seu nacemento no Ferrol, un 31 de xaneiro de 1820, pasando pola súa etapa en Santander, Madrid e Vigo, onde faleceu un 4 de febreiro de 1893 aos 73 anos de idade.
Deixou constancia de que foi unha loitadora e defensora dos dereitos da muller, as prostitutas, os pobres e os presos. Sempre se enfrontou ás normas establecidas e conseguiu que a súa revolución sobrevivíselle nas vidas doutras mulleres.
Esperanza Piñeiro de San Miguel reivindicou para Concepción Arenal o seu verdadeiro papel: filosofa. E mentres que en España estaba ignorada, no estranxeiro recoñecíaselle a súa valía.
O seu enterro foi seguido por centos de persoas sinxelas que a acompañaron ata o seu lugar de repouso.