A agrupación Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet inicia unha campaña de recollida de alimentos
A sensibilidade de ‘Airiños da Nosa Galicia’ mostrouse unha vez máis na cidade de Santa Coloma de Gramenet, acudindo a chamada do Banco de Alimentos en solidaridade cos máis necesitados.

A sensibilidade de ‘Airiños da Nosa Galicia’ mostrouse unha vez máis na cidade de Santa Coloma de Gramenet, acudindo a chamada do Banco de Alimentos en solidaridade cos máis necesitados.
Esta vez a iniciativa foi para facer chegar a entrega ao Centre Obert Rialles que da resposta á necesidade socio-educativa da infancia e adolescencia en risco social de Santa Coloma de Gramenet; os usuarios son nenos entre 3 e 18 anos en situación de risco e aos que Rialles garántelles un seguimento e proxectos individualizado (titorías, escola, familias, psicólogos, médicos, etc).
A entrega de alimentos faise froito da achega económica de socios e amigos do A.C.G. Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma e da axuda da Obra Social de La Caixa a través da Fegalcat (Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya), transformando o recadado en alimentos solidarios baixo o lema ‘Hoxe por ti e mañá...’.
A entrega foi realizada aos responsables de Rialles polos membros da Xunta Directiva Carlos Río, Xosé M. Paredes e Xosé Canosa.
Nesta entrega, os membros de Airiños estiveron acompañados por: Miguel Angel, párroco das igrexas Major i Sant Miquel; e Juan Sánchez e Antonio Perea, de Servizos Sociais do Concello de Santa Coloma.