Opinión

En la desaparición de Adolfo Lozano, en la distancia, en el recuerdo

En la desaparición de Adolfo Lozano, en la distancia, en el recuerdo

Desde Jerusalem, capital de Tierra Santa, donde me encuentro en trabajo periodístico, recibo esta dolorosísima noticia. Estoy conmocionado. Familia, amigos todos de Buenos Aires: saber que Adolfo ha sido para mí algo más que un amigo, un compañero de trabajo entrañable, un colaborador inmenso en nuestra afanosa labor de elevar lo máximo posible el nombre de Galicia. Desde los comienzos de la Televisión de Galicia (TVG) en el ya lejano 1985 Adolfo llegó a nuestra redacción en la búsqueda de imágenes, de documentos sonoros e ilustrados para transportarlos a nuestros queridos emigrantes, transterrados del otro lado del charco, amantes de nuestra tierra. Desde aquellos momentos trabamos una fuerta amistad que se fue solidificando con el tiempo y se reforzaba en las circunstancias más adversas. Cómo olvidar el trabajo codo a codo en el programa ‘Galeguidade’ en el de ‘Galegos no Mundo’, en las ‘Tierras de Merlín’, en sus aulas universitarias, etc... en la ‘audición’ en la que participé hasta hace bien poco. También en la entrevista que le hice para esta publicación de ‘Galicia en el Mundo’... Cómo olvidar las visitas a Buenos Aires, un tango en Almagro, un asado en la quinta de su familia en la Pampa húmeda (os mando, queridos, un enorme abrazo a todos), los paseos por Palermo, Corrientes, Belgrano, Avda. de Mayo, Capital y Provincia toda, La Plata, la Galicia Ideal de la que hablaba Castelao....Y su último favor: la ayuda a mis amigos de la Fundación Valle Inclán en la presentacion universitaria de la capital porteña. Volveré pronto a Buenos Aires, pero sentiré su ausencia como si a un tango le faltara el bandoneón.

Vai, meu benquerido Adolfo, onda o teu pai, que tamén coñecín, o gran José Lozano de Santalla de Dumpín, aló na Terra Chá, cuxa casa visitei. Ese galego inmenso que chegou a dirixir un sinfín de iniciativas e levantar o chamado Gremio da Golosina da Capital, e que tiña unha retranca de moito recoiro, vai, Adolfo, vai, alí onde teu pai a quen tanto nomeabas e do que colliches o exemplo de galeguidade honesta, traballadora sempre, irónica por veces e caseque sempre leda e sorrinte, cando non chegaban os acesos da morriña do alén da Terra, das brétemas do río o do cantor bulideiro dun albariño degoirado ao fresco do verán.

Quixo o devir do destino que me atopara nas terras de Xesús o recibiren tan triste nova. Deixo a miña prece no Santo Sepulcro da cidade eterna de Xerusalem na honra de Adolfo Lozano Bravo para que vaia polo vento e volva polo aire nos mundos enteiros da galeguidade, como as almas dos bós e xenerosos.

Coa mellor das apertas, amigo Adolfo: meu fervoroso agrademento, a miña gratitude, a miña mais chorada e afervoada aperta... E non te esquezas que temos pendente ese bife de chorizo con ensalada de radicheta e zanahoria, regado naturalmente do mellor tinto mendocino!!! Cabaleiro, señor, elegante galego-porteño, non esquezas tampouco de levar a túa cámara para retratar as novas paisaxes nas que vas andar.

Ata sempre, amigo.

Luís Menéndez Villalva

De camiño a Compostela, desde Xerusalém, a 22 de maio do 2014

Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praias

e nos penedos ásperos do noso inmenso mar,
fadas de extraño nome, de encantos non sabidos,
que só con nós comparten seu prácido folgar.

Rosalía de Castro