POR PRIMEIRA VEZ, UNHA BANDA DE GAITAS GALEGAS ACTúA NO RECINTO DO PARLAMENT

O Parlament de Catalunya acolleu un acto de ‘Xuntanza de Entidades Galegas’ co gallo das Letras Galegas

O pasado 17 de maio, o Parlament de Catalunya acollía a conmemoración do Día das Letras Galegas por parte de ‘Xuntanza de Entidades Galegas’.

 

O Parlament de Catalunya acolleu un acto de ‘Xuntanza de Entidades Galegas’ co gallo das Letras Galegas
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Os músicos de 'Xuntanza de Entidades Galegas' tocaron no Parlament de Catalunya.

O pasado 17 de maio, o Parlament de Catalunya acollía a conmemoración do Día das Letras Galegas por parte de ‘Xuntanza de Entidades Galegas’.

‘Xuntanza’ está composta por catro das entidades galegas en Cataluña máis significativas: Casa Galega de Hospitalet, A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà, A.C.G. Agarimos de Badalona e Amigos do San Froilán de Barcelona. As catro entidades celebraron o Día das Letras Galegas cunha visita ao ‘Parlament’, onde foron recibidos polas autoridades desa institución e máis polo delegado do Goberno de Catalunya.

Por parte de Xuntanza, o seu presidente, Xosé Carlos García, fixo unha disertación da personalidade do agasallado este ano, Xosé M. Díaz Castro, así como a presentación da Banda Xuntanza de Catalunya, composta por máis de cen mozos e mozas das entidades que a compoñen. Ataviados cos traxes galegos de gala fixeron a primeira actuación dunha banda de gaitas galegas no recinto do Parlament de Catalunya. Remataron a súa actuación coa interpretación dos imos catalán e galego.