O ACTO ASISTIU O SECRETARIO XERAL DE EMIGRACIóN, ANTONIO RODRíGUEZ MIRANDA

A Agrupación Saudade fixo unha homenaxe aos socios que cumpren 25 anos de fidelidade a entidade

A Agrupación Cultural Galega Saudade, que preside Ernesto Lagarón Vidal, fixo unha homenaxe aos socios que cumpren 25 anos de militancia na entidade.

A Agrupación Saudade fixo unha homenaxe aos socios que cumpren 25 anos de fidelidade a entidade

A Agrupación Cultural Galega Saudade, que preside Ernesto Lagarón Vidal, fixo unha homenaxe aos socios que cumpren 25 anos de militancia na entidade. O acto de recoñecemento tivo lugar o pasado sábado, día 8, durante a celebración da festa gastronómica que Saudade organizou nun céntrico hotel da cidade de Barcelona e á que asistiron cerca de medio millar de persoas, entre elas destacadas autoridades como o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, ou os alcaldes de Navia de Suarna, Xosé Fernández Fernández, e o de A Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo.

No evento foron distinguidos coa medalla ao mérito de Saudade os socios que este ano cumpriron 25 anos de fidelidade, que recibiron este ano as seguintes persoas: Valeriano Suárez López, José Prieto Castro, Eladio Carballo Pérez, Francisco Vázquez Feijóo, Ovidio Seijas González, Félix Cordero Hernández, Manuel Biempica Rodríguez, José Rodríguez Santiso, Enrique López López, Eladio González González y Cándido Iglesias Rodríguez.

Foi un multitudinario encontro de galegos reunidos para celebrar o Entroido, un ano máis, desde que Saudade instituíu este evento hai máis de dúas décadas, e ao que socios e amigos da entidade acoden masivamente a esta convocatoria gastronómica na que se degustaron os manxares máis prezados do mar e a terra de Galicia.

Un evento que ademais se aproveita para dar a coñecer en Cataluña as elaboracións artesanais dos productos típicos destas datas en diferentes lugares de Galicia: botelo, chourizos, empanada, cachola, lacón, grelos, etc., nesta edición elaborados polos artesáns do concello de A Fonsagrada (Lugo), e presentados polo seu alcalde, Argelio Fernández Queipo, despois dunha suculenta mariscada, xa que os productos do mar galego tampouco poden faltar en calquera xuntanza gastronómica que se prece. Todos estes ingredientes, regados cos deliciosos viños galegos, fixeron que a velada, que rematou cunha gran queimada galega e a tradicional romaría, fora do agrado dos asistentes, que ademais da degustación dos productos, asistiron a unha perfecta posta en escena da Cea do Entroido, cunha espléndida organización que un ano máis converteu a este evento nun referente da gastronomía galega en Barcelona.